Saltar

Cunco de verduras con ensalada de col e hummus

Goza do equilibrio perfecto entre a textura crocante e cremosa deste cunco de verduras con ensalada de col, hummus e unha amálgama de ingredientes de cores. Perfecto para unha comida ou cea rápida.

Un prato de cor turquesa enriba doutro de cor azul. No prato hai unha mestura de verduras e froitas de moitas cores.
Un prato de cor turquesa enriba doutro de cor azul. No prato hai unha mestura de verduras e froitas de moitas cores.

Porcións: 4 | Tempo: 15 minutos

Ingredientes

Cunco de verduras
1 paquete de medallóns de verduras GRÖNSAKSKAKA (8 pezas)
1/2 cogombro
2 laranxas ou outras froitas
1 granada
65 g de leituga
Ensalada de col lombarda
1/2 kg de col lombarda
1 limón
2 culleriñas de aceite
Sal

Hummus
230 g de garavanzos aprox.
Zume de 1/2 limón
1 dente de allo
4 culleriñas de aceite de sabor neutro
1 culleriña de comino
2 culleriñas de pasta de sésamo
2 culleriñas de auga
Sal

Paso a paso:

  1. Para comezar, prepara os medallóns de verduras GRÖNSAKSKAKA seguindo as instrucións do envase.
  2. Corta a col lombarda en rodas finas, se é posible cun relador. Mestura o zume de limón mais o aceite, e sazona con sal.
  3. Pon todos os ingredientes do hummus nun batedor e sazona con sal. Engade auga se a mestura queda demasiado espesa.
  4. Corta o cogombro en tiras longas e finas.
  5. Corta as laranxas, ou a froita que escollas, en anacos pequenos.
  6. Pela a granada e saca as sementes con coidado.
  7. Bota todos os ingredientes nun cunco e pon perexil picado moi fino enriba como adorno.

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos deliciosos cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas