Saltar

Cubos de té xeado con leite

Combate a calor con esta receita sinxela e refrescante. Prepara o noso aromático té negro FLÖJT, engade un chorriño de mel e conxela. Despois, engade o leite que prefiras. Que aproveite!

Unha persoa verte bebida de avea para café dunha xerra a un tarro de vidro cheo de cubos de xeo de auga e té negro FLÖJT.

Porcións: catro | Tempo: 10 minutos + catro horas

Ingredientes:

Cubos de té xeado con leite
Seis bolsiñas de té negro FLÖJT
6-8 dl de bebida de avea para café
5 dl de auga
Mel (opcional)

Paso a paso:

  1. Ferve a auga e apaga o lume. Deixa as bolsiñas de té a remollo entre 5 e 7 minutos. Engade mel ao té quente para obter unha bebida máis doce. Deixa arrefriar o té.
  2. Verte o té nunha bandexa de xeo e méteo no conxelador ata que os cubos estean conxelados. Normalmente tardarán entre 3 e 4 horas.
  3. Bota de 3 a 5 cubos de xeo en cada vaso e verte a bebida de avea.

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de pratos deliciosos cada día e dálle un capricho ao padal de cando en vez! Descubre os teus novos pratos favoritos coas nosas numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e albóndegas ata pratos vexetarianos e gofres: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas