Consellos para organizar as potas e tixolas na cociña
Unha das cousas máis difíciles na cociña é manter as potas e tixolas ordenadas dunha maneira práctica. Por sorte, hai unha gran variedade de solucións sinxelas, tanto se prefires gardar o enxoval nun caixón ou nun armario como se che gusta deixalo á vista na parede. Bota unha ollada a estas ideas de almacenaxe.


- Páxina de información do produto
Tapas de potas ordenadas
As tapas das potas poden desordenar o teu espazo facilmente, amais de facer moito ruído ao chocar entre si. Para evitalo, podes poñer o soporte para tapas VARIERA nun caixón ou nun andel para gardar as tapas en vertical. Ficarán ordenadas e non armarán ningún escándalo.