Saltar

Como organizar as friameiras

Nunha cociña, non poden faltar envases para gardar sobras, levar o xantar ao traballo ou á escola, ou organizar o frigorífico ou a despensa, aínda que a desorde que causan pode ser moi molesta. Desfaite do caos frustrante que forman os envases desemparellados e as tapas perdidas e descubre como telo todo ordenado dunha vez por todas.

Despensa de azulexos brancos con andeis IVAR de piñeiro natural con botes de vidro e envases de plástico cheos e baleiros enriba.
Despensa de azulexos brancos con andeis IVAR de piñeiro natural con botes de vidro e envases de plástico cheos e baleiros enriba.

Como ordenas os envases para conservar alimentos?

Primeiro, sácaos todos e avalía o que tes. Desfaite dos envases que estean rotos ou descoloridos e dos que non teñan unha tapa que lles vaia ben. A continuación, dedica un tempo a identificar os teus hábitos, xa que determinarán cantos envases para conservar alimentos precisas. Repón as existencias para que sempre teñas a solución axeitada en cada ocasión.

  • Se che gusta levar o xantar ao traballo ou á escola, ou ir de pícnic a fin de semana, aproveitarás os envases de plástico lixeiro de distintos tamaños con tapas herméticas.
  • Adoitas preparar a comida de toda a semana para gardala no frigorífico e requecela? Os envases de vidro aptos para o forno son ideais para ti. Só terás que meter o envase no forno ou microondas directamente cando chegue a hora de xantar.
  • Gustaríache reducir a cantidade de comida que desbotas sen querer? Con envases transparentes, saberás en todo o momento o que tes e iso animarate a consumir a comida que mercas. Grazas ás tapas herméticas, tanto os ingredientes crus como as sobras permanecerán frescos máis tempo.
  • Se queres darlle un toque natural á túa cociña, os envases con tapas de madeira ou bambú poderían serche útiles. As bonitas tapas poden utilizarse como gardamanteis para protexer a mesa da calor.
  • Gústanche as conservas de froitas e as verduras conservadas en vinagre da túa propia horta? Os botes e as botellas de vidro manterán o seu sabor nos meses de inverno.


Unha vez que decidas o tipo de envases que precisas, é o momento de resolver o seguinte gran dilema: como organizalos cando estean baleiros.

Varias friameiras de distintos tipos encasteladas enriba dun mesado, entre as que se inclúen cuncos GARNITYREN de cores con tapas.

Prepara a túa cociña con envases básicos

Xa sexa para a despensa, o frigorífico ou o conxelador, hai un envase para cada necesidade de almacenaxe. Grazas á gran variedade de opcións, poderás ter exactamente o que precisas. Andas na procura de envases herméticos? Atoparalos aquí. Quérelos de vidro, metal ou plástico? Tamén os temos. Prefírelos aptos para o forno ou lavalouzas? Feito. Bota unha ollada para descubrir máis opcións.

Velaquí todos os envases para conservar alimentos
Velaquí todos os envases para conservar alimentos

Como organizas os envases nun caixón?

Os caixóns de cociña son un lugar excelente para os envases de alimentos baleiros, xa que poderás ver e atopar rapidamente o que estás a buscar. Grazas a accesorios prácticos e accesibles, teralo todo organizado nun chiscar de ollos:

  • Os separadores de caixóns evitan que os envases se movan dun sitio a outro, se desordenen ou acaben rompendo. Son fáciles de adaptar á altura do caixón e poden colocarse segundo as túas necesidades. Envases colocados nun compartimento e tapas clasificadas por tipo nos outros dous.
  • Un panel perforado é outro xeito de organizar o caixón, xa que permite gardar todos os envases separados claramente para que sexa fácil atopalos. Coas chavetas axustables, poderás personalizar o caixón de xeito doado en función do contido.
  • Se tes envases de vidro, podes considerar a opción dunha alfombra para caixón para evitar que se rabuñen tanto o enxoval como o caixón.

Se vas usar un separador de caixón ou un panel perforado, é mellor gardar as tapas verticalmente. Deste xeito, poderás secalas ao aire cando estean algo molladas despois de lavalas e atopar facilmente as que esteas a buscar.

Armario de cociña con dous caixóns: un con separadores de caixón e outro cun panel perforado con envases e tapas dentro.

Divide e vencerás: converte un caixón en moitas seccións

Os paneis perforados e os separadores de caixón non son o único xeito de organizar os envases. Se o prefires, poderás poñer as tapas nunha cesta ou usar un soporte para tapas con lonxitude regulable segundo as túas necesidades de almacenaxe. Con accesorios versátiles e accesibles, o caixón no que gardas os envases estará perfectamente organizado.

Velaquí todos os separadores de caixóns
Velaquí todos os separadores de caixóns

Almacenaxe de envases en armarios

Se prefires gardar os envases, botes e botellas baleiros nun armario, existen solucións prácticas e económicas que poderás usar para dividir o espazo de xeito óptimo e telos á vista. Xa non terás que xogar ao tetris para que caiba todo. Alegraraste cada vez que abras a porta do armario e atopes exactamente o que precisas ao instante.

  • Os andeis adicionais de distinta anchura e altura ofrecen unha maior superficie de almacenaxe de inmediato para que poidas aproveitar toda a altura do armario sen ter que amontoar as cousas. Así evitarás que os envases e as tapas che caian enriba cando necesites algo que se atope ao fondo.
  • As cestas de reixa que se poden fixar aos andeis son ideais para as tapas e para gardar botellas ou termos baleiros que adoitan rodar dun sitio para outro. A vantaxe das cestas de reixa é que poderás ver o que hai dentro, aínda que as colocases en alto dentro dun armario. E o mellor de todo é que tanto os andeis adicionais como as cestas de reixa están dispoñibles en varios tamaños e pódense cambiar de posición segundo vaian mudando as túas necesidades.

Armario de cociña branco con andeis e varios artigos de cociña en andeis adicionais VARIERA e en cestas de reixa PÅLYCKE.

Organiza a túa despensa.

Unha despensa ou louceiro é un lugar estupendo para gardar os produtos máis voluminosos que ocupan moito espazo ou as cousas que só usas de cando en vez ou estacionalmente. Se o teu é a horticultura e gústache conservar as froitas e as verduras na época máis fría do ano, precisarás moito espazo para os botes e botellas cheos da tempada anterior. Ademais, a medida que os baleires, deberás buscarlles un lugar seguro e limpo para gardalos ata a próxima colleita.

  • Empeza cun estante robusto de madeira. Elixe unha solución con andeis axustables que poidan moverse e adaptarse ás túas necesidades. Engade as unidades que precises (e que caiban).
  • Os botelleiros resistentes evitan que tanto as botellas cheas como as baleiras se rabuñen e caian. Tamén che permite ver a simple vista cantas botellas tes cheas e cantas baleiras.
  • Cos envases de plástico grandes con tapas, poderás gardar todos os botes de vidro no mesmo sitio, perfectamente ordenados e protexidos do po e a sucidade. Están dispoñibles en varios tamaños e adoitan ser encastelables.
  • Os botes máis pequenos e outros obxectos de menor tamaño teñen un oco nas cestas de reixa, as que poderás fixar a un andel e cambiar de sitio facilmente. Así non estorbarán e serán doados de atopar cando os necesites.
  • Os andeis adicionais axudaranche a dividir os andeis máis altos da despensa para que caiban máis cousas sen ter que amontoalas.

Andeis IVAR de madeira de piñeiro nunha despensa de azulexos brancos con botes de vidro e envases de plástico enriba.

Converte un andel en dous e aproveita ao máximo o teu espazo de almacenaxe

Unha cociña pequena? Deixa de desaproveitar o valioso espazo dos armarios. Poderás facer maxia na túa cociña con recursos pequenos a prezos accesibles. Os separadores de caixón e accesorios de almacenaxe permitiranche aproveitar toda a altura dos teus armarios de cociña e, con pequenos obxectos no lugar axeitado, atoparás facilmente o que necesites.