Saltar

Como manter os utensilios e os xogos de cubertos organizados á perfección

Perdes demasiado tempo buscando cubertos ou utensilios de cociña? Consideraches mercar organizadores para os caixóns, o mesado da cociña ou a parede? Se tes todo o que precisas no seu lugar, cociñar e servir a comida será máis doado. Velaquí unhas cantas ideas!

Unha guía HULTARP negra da que penduran un pano de cociña, unha táboa de cortar, un coador branco e utensilios nun recipiente HULTARP negro.
Unha guía HULTARP negra da que penduran un pano de cociña, unha táboa de cortar, un coador branco e utensilios nun recipiente HULTARP negro.

Caixóns que dá gusto abrir

Gardar os cubertos, utensilios e coitelos en bandexas e recipientes dentro dos caixóns permite mantelo todo ordenado. Algúns pódense personalizar, como a bandexa para cubertos UPPDATERA en bambú claro, que ten separadores extraíbles. Ou o organizador axustable para caixón UPPDATERA, feito dun material suave que amortece o son, cuxos separadores se poden reaxustar e redimensionar.

Un organizador axustable para caixón UPPDATERA con cubertos, paus, panos de mesa, pinzas para bolsas e outros artigos pequenos.
Utensilios nunha bandexa para cubertos con portacoitelos UPPDATERA de bambú claro nun caixón aberto debaixo dun mesado de cociña.

Cólgaos da parede para telos á man

Ao gardar os coitelos nunha guía magnética ou pendurar os utensilios de ganchos, sempre os terás á man. Ademais, aproveitarás os espazos que non usas da parede sen ter que facer grandes renovacións. Se non queres facer buratos nas paredes, podes optar por solucións de almacenaxe con ventosas que se adhiren firmemente aos azulexos o ao vidro (busca modelos como ÖBONÄS ou TISKEN).

Dous recipientes HULTARP negros con utensilios de cociña pendurados dunha guía HULTARP negra montada nunha parede de azulexos brancos.
Un portacoitelos magnético KUNGSFORS e unha guía KUNGSFORS nunha parede negra enriba dun carriño de cociña KUNGSFORS, todo feito de aceiro inoxidable.

Almacenaxe en vertical para o mesado ou un andel

Un soporte para cubertos ou utensilios de cociña pode quedar igual de ben nun andel, para colocar todo o que estea limpo e seco, ou no vertedoiro mentres fregas os pratos. O portacubertos UPPDATERA ten unha asa moi útil para que che sexa doado collelo do caixón da cociña, un andel ou o mesado para poñer a mesa do comedor.

Paus TREBENT de bambú e cubertos UPPHÖJD de cor beixe nun portacubertos UPPDATERA de cor antracita enriba dun mesado gris.
Varios utensilios de cociña nun soporte para utensilios de cociña ORDNING nun carriño de cociña KUNGSFORS de aceiro inoxidable.