Podes escoller entre unha ampla variedade de materiais, cada un coas súas propias particularidades. As frontes de madeira maciza e chapa de madeira, con cores que gañan intensidade co tempo, daranlle calidez á túa cociña. O revestimento de chapa, o lacado e o laminado de melamina son fáciles de manter e están dispoñibles en distintas tonalidades e estilos. As frontes lacadas transmiten uniformidade e a chapa conserva a cor co pasar do tempo.
Se utilizas frecuentemente a cociña, opta polo aceiro inoxidable, que soporta a graxa, a auga, a calor e os produtos químicos sen queixa ningunha. Queres algo que chame a atención? O vidro temperado permíteche fachendear de louza, especialmente se lle pos iluminación integrada. Sexa cal for o material, as frontes METOD teñen unha garantía de 25 anos e duran moito tempo para adaptarse a todos os cambios vitais. Tamén son compatibles cos armarios, bisagras e outros produtos METOD, polo que non tardarán nadiña en cambialos se queres actualizar a cociña sen facer unha renovación total.
Necesitas axuda para combinalo todo? Os nosos expertos en cociñas poñen axudarche.