Como elixir un forno
Vas cambiar o teu vello forno ou buscas electrodomésticos para unha cociña nova? Esta guía axudarache a elixir o máis axeitado para ti.
- Características. Buscas cociñar máis rápido, verduras máis crocantes ou unha cocción máis uniforme? As frixideiras de aire distribúen aire quente arredor dos alimentos para deixalos crocantes con pouquísimo aceite. Son perfectas para patacas fritas e ás de polo. Os fornos de vapor cociñan a temperaturas máis baixas e conservan a humidade e os nutrientes, polo que son ideais para conseguir pescados substanciosos ou pans con codia crocante e migalla tenra.
- Distribución. Onde queres colocar o forno novo? Comprobaches se cabe? Se tes unha cociña pequena, un forno compacto ou combinado pode ser a mellor opción (e virache de marabilla como forno adicional cando cociñes para moitas persoas).
- Estilo. Na nosa colección, atoparás fornos perfectos para cociñas de estilo tradicional ou contemporáneo, que poderás combinar sen problemas cun microondas ou un forno combinado coordinado.
- Mantemento. A función de limpeza pirolítica queima a graxa e os restos de comida, mentres que a aqualisis utiliza vapor para abrandar a sucidade sen esforzo.

IKEA 700: Cun extra de todo para gozar como nunca
Encántache cociñar ou tes unha familia grande? Se procuras un festín de funcións, o forno IKEA 700 é para ti. Elixe entre fornos integrados con función de vapor, frixideira de aire ou limpeza pirolítica, ou leva un que o teña todo! O ventilador reparte a calor por igual para que os alimentos queden ben dourados e substanciosos. Aínda queres máis? O microondas combi 2 en 1 integrado aforra tempo e espazo: cociña, asa á grella, requenta e frixe con aire cun só aparello. Coa súa pantalla táctil intuitiva, cociñarás sen complicacións, tanto se elixes a cocción asistida como se prefires axustar ao teu gusto o tempo, a temperatura e os programas.
Inclúe accesorios prácticos: unha bandexa para que todo quede máis crocante, unha sonda para atinar co punto de cocción, guías telescópicas para gozar dunha maior seguranza, bandexas de forno de diferentes profundidades e unha reixa. Todos os fornos IKEA 700 contan con cinco anos de garantía de balde, porque o bo gusto merece unha gran calidade-prezo.

IKEA 500: Funcións polivalentes para facilitarche a vida
Xa sexa para enfornar, asar, cociñar ao vapor ou limpar coa función de limpeza pirolítica, os fornos IKEA 500 combinan características versátiles para que cociñar sexa máis doado e inspirador. Os fornos de aire forzado garanten un dourado excepcional sen resecar a comida, e co vapor danlle un acabado crocante delicioso. Grazas á pantalla LED e aos botóns táctiles, cambiar os axustes e controlar a cocción é pan comido. Combina o teu forno cun microondas IKEA 500 para quentar, requentar e desconxelar alimentos nun instante. Ademais, o microondas inclúe funcións de grella para conseguir un dourado perfecto. Se tes unha cociña pequena, o microondas independente GÅTEBO ofrece funcións de grella e frixideira de aire nun deseño compacto e elegante.
A guía telescópica semiextensible que vén incluída fai que meter e sacar pratos quentes sexa máis seguro, mentres que as bandexas de forno e as reixas permiten cociñar varias receitas á vez en distintas alturas. Todos os modelos IKEA 500 ofrecen cinco anos de garantía de balde para que non te preocupes por nada.

IKEA 300: Funcionalidade básica para o día a día
Os fornos IKEA 300 ofrécenche as funcións básicas e as comodidades modernas que precisas para cociñar todos os días. A colección inclúe dende modelos estándar ata fornos con ventilador para quentar a comida de xeito máis rápido e uniforme, ou con limpeza pirolítica para conseguir unha maior comodidade. Os microondas IKEA 300 quentan, requentan e desconxelan os alimentos con total fiabilidade. Basta con virar os mandos para axustar o microondas ao teu gusto.
Inclúen bandexas de forno de diferentes profundidades e reixas para que che resulte máis sinxelo cociñar todo tipo de pratos e tirarlles todo o partido ás alturas do forno. Accesibles, prácticos e feitos para durar: todos os fornos e microondas IKEA 300 contan con cinco anos de garantía de balde.

LAGAN: Produtos básicos a bo prezo
A serie LAGAN combina unha funcionalidade básica cun deseño sinxelo e atemporal en branco ou aceiro inoxidable, todo a un prezo irresistible. Tanto ten se elixes un forno ou un microondas: gozarás de funcións intuitivas para cociñar a diario, dende quentar pratos ata desconxelar rapidamente.
Grazas ás bandexas de diferentes profundidades e ás reixas que veñen incluídas, poderás preparar unha gran variedade de pratos e tirarlle o máximo proveito ás alturas do forno. Os electrodomésticos LAGAN son a opción ideal para un primeiro fogar ou para quen procure unha solución sinxela, xa que están deseñados para o uso diario e inclúen dous anos de garantía de balde.

Calidade fiable, garantías de balde e consellos de mantemento
Confiamos tanto na calidade dos nosos fornos que ofrecen unha garantía de balde de dous ou cinco anos. No noso laboratorio, probámolo todo a fondo, tanto a seguranza como a cocción, para que cada produto sexa fácil de usar, non falle e ofreza resultados excelentes. Da man dos nosos provedores, unimos coñecementos técnicos e o que sabemos da vida no fogar para crear electrodomésticos que se adaptan a todas as etapas vitais e a todos os orzamentos. Coa seguranza en mente, redeseñamos as portas dos nosos fornos para que non só cumpran a normativa de seguranza europea, senón para que a superen e manteñan o cristal a temperaturas máis baixas.
Aínda que a calidade que ofrecemos é de fiar, hai un par de trucos que podes aplicar para manter o forno en perfecto estado. Para o mantemento habitual, usa auga morna con xabón, unha mestura de vinagre e bicarbonato, ou algún produto para fornos que sexa suave. Limpa as reixas e comproba que non haxa migallas nin graxa nas xuntas da porta. Se o forno dispón de función de autolimpeza ou limpeza por vapor, úsaa de acordo coas recomendacións. Coida do teu forno, e agradeceracho con anos de pratos incribles.

Ao teu servizo
Estamos aquí para axudarche, dende a entrega e a instalación ata os recambios. Bótalles unha ollada aos nosos servizos para levar o teu electrodoméstico á casa, instalalo e comezar a utilizalo sen complicacións.