Como elixir o mesado e os paneis de parede perfectos para a túa cociña
O mesado e os paneis de parede teñen máis importancia da que pensas nunha cociña. Deben resistir o día a día, reflectir o teu estilo e manterse impecables co paso do tempo. Para axudarche a elixir sen dúbidas, resumímoste as características principais de cada un.

Mesados: Atina dende o principio cos materiais
Sabemos que na cociña pasan cousas: o café que cae, a pota que queima, o corte que escapa... Por iso, elixir ben o mesado non é so cuestión de gusto. Aquí contámoste que material se adapta mellor ao teu día a día.
Laminado: Práctico e económico. Atura ben o día a día, pero non é o máis resistente á calor, os golpes ou os raiados. Doado de limpar, aínda que, se se dana, non se pode reparar.
Vidro composto: Moi resistente á calor, os golpes e os raiados. Ademais, é moi fácil de limpar. Se se estraga, non se pode reparar.
Chapa grosa: Un pouco máis resistente que o laminado. Resiste mellor o uso diario e os pequenos accidentes. Tamén é doada de limpar, pero se rompe, non se pode reparar.
Porcelana de alta presión: A mellor opción en resistencia e vida útil. Resísteo todo: calor, raiados, golpes... E límpase nun instante. Iso si: non se pode reparar se se dana.





































