Saltar

Como elixir as potas perfectas para ti

Cociñar resulta máis doado cando tes os utensilios axeitados. Con tantas potas para elixir, atopar a axeitada pode resultar abafador. Non te preocupes: nós axudámoste. Aquí descubrirás como elixir a pota ideal para as túas necesidades e comidas.

Unha pota con tapa KLIPPFISK, unha tixola con tapa KLIPPFISK, unha pota con tapa VARDAGEN e unha pota con tapa IKEA 365+ sobre unha superficie.

Necesitas potas e tixolas para todo, desde cocer ovos ata preparar salsas?

As nosas potas e tixolas serán os teus pinches de cociña. Ovos para almorzar ou unha saborosa salsa como acompañamento dunha comida rápida entre semana: as potas e tixolas básicas son as que máis traballan en calquera cociña. Os materiais distribúen a calor de maneira uniforme, polo que a temperatura se regula de xeito máis fácil e rápido, algo ideal se tes présa. Ademais, moitas delas teñen garantía, que é máis do que poden ofrecer algúns cociñeiros.

Velaquí o enxoval de cociña IKEA 365+
Unha cazarola con tapa IKEA 365+ de aceiro inoxidable sobre un gardamanteis HEAT de cortiza e unha pota con tapa IKEA 365+ de aceiro inoxidable.
Velaquí o enxoval de cociña IKEA 365+

Buscas potas e tixolas para cociñar pratos completos?

A batería de cociña é perfecta para todas as túas necesidades culinarias. Poderás usar tantas pezas da batería como queiras para cociñar desde albóndegas en salsa ata unha comida formal. Cantos máis pratos inclúas no menú, máis potas necesitarás ter á man. Ademais, grazas ao material de aceiro inoxidable, é posible regular a temperatura de forma rápida e fácil cando teñas varias potas no lume á vez. Menos caos e máis cociña: o segredo dunha familia feliz.

Velaquí todas as baterías de cociña
Unha batería de cociña HEMKOMST de aceiro inoxidable con cubertos DRAGON de aceiro inoxidable e utensilios de cociña GNARP negros.
Velaquí todas as baterías de cociña

Gustaríache ver o que se coce nas túas potas?

Faite cunha pota con tapa de vidro e observa como van aparecendo todos os sabores sen ter que destapala e perder calor. Temos potas e tixolas con tapas de vidro para que esteas a cargo da cociña sen perder nada de vista. Ao usares a tapa, o contido da pota ferve máis rápido para que ti tardes menos, consumas menos enerxía e aforres algo de diñeiro mentres cociñas para un rexemento. Ver a comida ferver é mellor que ver a tele.

Unha tixola KLIPPFISK con tapa, unha cazarola KLIPPFISK con tapa, unha táboa de cortar APTITLIG de bambú e cuncos brancos con comida.

Buscas potas que sexan fáciles de limpar e usar?

A vida moderna adoita facer que andemos escasos de tempo, polo que é moi útil que as potas se limpen rapidamente. Temos potas antiadherentes para que a túa sopa de fideos e chile vexetariano acabe no prato, non pegada ao fondo da pota. O seu revestimento antiadherente de cerámica sol-xel fai que sexan duradeiras e reduce o risco de que a comida se queime ou se pegue. Haberás adorar a súa facilidade de limpeza.

Velaquí a serie HEMLAGAD
Unha táboa de cortar APTITLIG de bambú, unha batería de cociña ANNONS de aceiro inoxidable e un prato fondo/bol IKEA 365+ con comida.
Velaquí a serie HEMLAGAD

Interésanche as potas para cociñar a lume lento?

Unha cociña non é unha cociña sen unha cazarola tradicional na placa. Dedícalle o teu tempo e potencia todo o sabor. Temos moitas potas bonitas que traballan tanto coma ti. As potas de ferro fundido esmaltado son ideais para cociñar a lume lento e conservar a calor máis tempo, polo que son perfectas para asados e guisos. Ademais, tamén manteñen a comida quente na mesa.

Velaquí todo o enxoval VARDAGEN
Unha pota VARDAGEN con tapa enriba dun gardamanteis HEAT marrón escuro, cubertos DRAGON de aceiro inoxidable, un prato e vasos.
Velaquí todo o enxoval VARDAGEN

Gustaríache cociñar máis rápido sen sacrificar a calidade da comida?

Unha vida acelerada ás veces deixa pouco tempo para cociñar. Por iso, as nosas potas a presión son o axudante perfecto para o estilo de cociña moderno. Ao cociñar moito máis rápido, redúcense os gastos de luz e consérvanse máis vitaminas dos alimentos que ao fervelos ou fritilos. As sopas e os guisos fanse máis rápido. As carnes máis duras quedarán máis tenras e as verduras serán máis apetitosas á vista e ao gusto. Rápidas, saborosas e económicas. Non son para comerllas?

Velaquí todas as potas a presión
Unha pota a presión IKEA 365+ de aceiro inoxidable nunha placa de indución portátil TILLREDA branca. Hai unha táboa de cortar e un coitelo.
Velaquí todas as potas a presión