Saltar

Trucos para que as túas sobras aguanten máis tempo

Todas as persoas sabemos que hai que gardar as sobras, pero quen nos ensina a facelo? Esa deliciosa boloñesa ou os restos do teu último pedido a domicilio duran máis se os gardas no recipiente axeitado. Sigue a ler e descubre como conservalos igual de saborosos que o primeiro día!

 Un recipiente de alimentos IKEA 365+ pequeno de vidro con ensalada enriba dun recipiente IKEA 365+ máis grande con fabas.

Vidro ou plástico?

Depende do que vaias gardar:

-Mollos e guisos: Plástico para microondas ou vidro se queres requentar no forno.

-Ensaladas e alimentos secos: Ambos os dous serven, pero a tampa debe ser hermética. 

Truco adicional: Engade un chorriño de limón ou aceite ás ensaladas de legumes para que se manteñan frescas varios días.

Deixa espazo!

Ao conxelar mollos ou sopas, non enchas os recipientes ata arriba. Os líquidos expándense ao conxelarse, así que deixa uns 3 cm libres na parte superior para evitar que a presión os dane. Fácil de recordar: enche a túa cunca de café ata arriba, pero non os recipientes de comida.

Dous recipientes de alimentos IKEA 365+ de plástico cheos de salsa de tomate sobre un mesado de madeira nunha cociña.

Deixa espazo!

Ao conxelar mollos ou sopas, non enchas os recipientes ata arriba. Os líquidos expándense ao conxelarse, así que deixa uns 3 cm libres na parte superior para evitar que a presión os dane. Fácil de recordar: enche a túa cunca de café ata arriba, pero non os recipientes de comida.

Escolle ben o tamaño

Se vas comer todas as sobras ao día seguinte, un recipiente de vidro grande é ideal. Podes usar o mesmo recipiente para cociñar e requentar. Só tes que quitarlle a tampa antes de metelo na frixideira de aire. Se a túa idea é gardar a comida para máis tarde, gárdaa en recipientes máis pequenos. Para os restos de froita, usa bolsas reutilizables ISTAD e gárdaas no conxelador para despois, ou déixaas na neveira, listas para comer.

Algúns alimentos están mellor fóra da neveira

Hai alimentos que é mellor gardar fóra da neveira. Os plátanos, cebolas, aguacates, allos e mazás estarán mellor en cestas IKEA 365+ sobre o mesado ou na despensa. Tamén podes gardar os cítricos fóra da neveira. As patacas e outros tubérculos aguantarán mellor na escuridade e durarán máis en bolsas para gardar comida GULLRISMOTT.