Chef supervivente
Se non pasas moito tempo na cociña e tes unha relación de amor-odio con esta estancia da casa, estás no lugar indicado.
Benvido ou benvida, chef supervivente!
Sabemos que para ti a cociña é un lugar de paso e meramente funcional, pero agradeces que estea organizada e limpa, para que che permita gozar do teu tempo libre. Tamén intuímos que che interesa a alimentación saudable e que che preocupa o ambiente e a sostibilidade no teu fogar. Por iso, temos algunhas recomendacións que facerche á hora de mercar as túas potas e tixolas. Axudaranche a elixir as que mellor se axusten ás túas necesidades e que sexan prácticas e fáciles de coidar. Todo iso sen gastar moitos cartos. Queres saber cales son nosas mellores opcións para ti? Sigue lendo!
✓ Non gastarás moito diñeiro
✓ Utensilios prácticos e fáciles de usar
✓ Aforrarás tempo na cociña
A serie KAVALKAD proporcionarache todo o que precisas
A serie KAVALKAD está formada por potas e tixolas de aluminio, o que as fai lixeiras e resistentes á oxidación. Iso si, ten en conta sempre os seguintes consellos:
- Le sempre as instrucións antes de empezar a usar o teu novo utensilio.
- As tixolas de aluminio non son aptas para lavalouzas. Lávaas sempre á man.
- Para manter o brillo, sécaas despois de fregalas.
- Non deixes comida nelas durante moito tempo para que non descolore o material.
- Usa utensilios de madeira ou plástico sen bordos afiados para non deteriorar o aluminio.
Ademais deixámosche estas receitas para que sigas practicando
Roliño de albóndegas vexetais con aguacate
Para 4 persoas
Tempo: 30 min
Ingredientes
- 40 unidades (640 g) de albóndegas vexetais ALLEMANSRÄTTEN
- 4 culleradas de hummus
- 4 rebandas de pan fino suave BRÖD TUNNBRÖD
- 2 aguacates
- 4 ceboliñas, cortadas finas
- 50 ml de follas de menta, en anacos grandes
- 1 culleradas de aceite de oliva virxe extra
- 1/2 limón, zume
- Sal e pementa
Elaboración
1. Coloca as rebandas de pan fino suave sobre o mesado. Colle medio aguacate e esténdeo esmagándoo cun garfo. Xunto ao aguacate, estende algo de hummus.
2. Mestura as ceboliñas, a menta, o aceite de oliva, o sal e a pementa. Reparte a mestura sobre o aguacate e o hummus.
3. Enforna ou frite as albóndegas vexetais como se indica no envase. Déixaas sobre un anaco de papel de cociña para quitarlles a graxa sobrante, párteas pola metade e ponas por riba da mestura anterior.
4. Enrólalos ben en papel de forno.
Albóndegas vexetais con raíz de apio e gremolata
Unha cea sinxela que case se fai soa!
Para 4 persoas
Tempo: 60 min
Ingredientes
- 40 unidades (640 g) de albóndegas vexetais ALLEMANSRÄTTEN
- 2 raíces pequenas de apio, ben lavadas
- 2 culleradas + 100 ml de aceite de oliva virxe extra
- 100 ml de perexil, cortado en anacos grandes
- 1 limón, zume e reladura
- 1 dente de allo, relado
- 2 culleradas de Mostaza de Dijon
- Sal e pementa negra
Elaboración
1. Quenta o forno 185 °C.
2. Coloca o apio nunha bandexa para enfornar e engade 2 culleradas de aceite de oliva, sal e pementa. Enforna durante aproximadamente 40–60 minutos ata que estean totalmente cociñados e a pel estea dourada.
3. Mestura o perexil, o allo e a reladura de limón nunha cunca cos dedos para facer a gremolata.
4. Bate a mostaza de Dijon co zume de limón e o resto do aceite de oliva para preparares unha vinagreta. Sazónao con sal e pementa.
5. Frite as albóndegas vexetarianas como se indica no envase.
6. Corta o apio en anacos máis pequenos. Verte algo de vinagreta sobre un prato grande e coloca o apio e as albóndegas vexetais encima. Remata o prato con algo de gremolata e unhas pingas de aceite de oliva.