Saltar

Chef instafoodie

Es dos que sempre sobe a foto do seu prato ás redes sociais? Como bo chef instafoodie, toma nota destes consellos para saber como elixir potas e tixolas que se adapten ao teu estilo de vida urbanita e moderna!

Sabemos que para ti é importante ter bo gusto á hora de mostrar o resultado de cada prato que cociñas cun acabado perfecto. Para iso, é esencial que elixas uns utensilios que che faciliten a preparación das túas receitas e que sexan fáciles de usar e de limpar, porque non importa tanto o proceso senón o empratado final, verdade?

✓ Fáciles de usar e limpar
✓ Empratado perfecto
✓ Conseguirás unha chea de likes


IKEA 365+ é a serie que mellor vai contigo!

* A superficie antiadhesiva deste produto non contén ácido perfluorooctanoico (PFOA).

A serie IKEA 365+ poderala usar con calquera tipo de placa que teñas. Son de aluminio recubertas de Teflon® Professional, o noso mellor revestimento antiadherente. Para que estean sempre como o primeiro día, ten en conta estes consellos:

  • Para limpar as tixolas, utiliza auga morna, deterxente e unha esponxa suave para non raiar a capa antiadherente.

  • Déixaas arrefriar antes de limpalas e non as encasteles unha encima da outra.

  • UN TRUCO: Se tes manchas que non consegues quitar, lávaa con auga con vinagre. Verte un pouco de vinagre na pota e/ou tixola e férveo. Tes que poñer unha culleradiña de vinagre por litro de auga. Quedará perfecta.

Estas receitas lévanse moi ben con IKEA 365+

Crema de ajoblanco

Para 4-6 persoas
Tempo: 25 min

Ingredientes

  • 200 g de améndoas crúas
  • 2 dentes de allo pequenos
  • 100 g de pan tipo bolo ou fogaza
  • 1 litro de auga fría
  • 100 ml de aceite de oliva virxe extra
  • 35 ml de vinagre de viño e sal

Elaboración

1. Pon o pan a remollo e reserva.

2. Engade as améndoas crúas, a auga e os dentes de allo e báteo todo ata que quede ben mesturado.

3. Engade o pan en anacos, o aceite de oliva e o sal.

4. Volve mesturar a potencia alta ata que todos os ingredientes queden ben integrados e a crema quede cunha textura homoxénea e suave.

5. Sirve con améndoas torradas e un chorriño de aceite de oliva.


Tartar de salmón afumado en frío con cebolas chamuscadas

Para 4 persoas
Tempo: 30 min

Ingredientes

  • 300 g de lombo de salmón
  • afumado en frío SJÖRAPPORT
  • 3-4 cebolas pequenas, prateadas ou amarelas
  • 1 cullerada de vinagre de viño
  • 3 culleradas de manteiga
  • 1 puñadiño de melisa ou outra herba alternativa
  • Sal e pementa
  • Carochos quentados en manteiga
  • Sementes de mostaza en vinagre

Para as sementes de mostaza en vinagre

  • 4 culleradas de sementes de mostaza
  • 150 ml de auga
  • 50 ml de vinagre de alcohol
  • 100 ml de azucre

Elaboración

1. Corta o salmón en cubos duns 3-4 mm. Envólveo en plástico e reserva.

2. Sen pelalas, corta as cebolas pola metade ao longo dende a raíz ata a parte superior. Pinta cun pincel con aceite as superficies cortadas. Doura as cebolas nunha tixola, coas superficies cortadas cara abaixo.

3. Coloca as cebolas nun prato apto para o seu uso no forno, coas superficies cortadas cara abaixo. Engade vinagre e manteiga en pequenas boliñas.

4. Enforna durante aprox. 10 minutos (175 °C) ata que estean brandas.

5. Pela as cebolas, quítalles a raíz e a punta superior. Separa con coidado as capas da cebola. Coloca as «capas» máis grandes da cebola nunha fonte.

6. Mestura os cubos de salmón con melisa cortada, e engade sal e pementa ao gusto. Coloca o tartar de salmón nas copas de cebola, bota os carochos e as sementes de mostaza en vinagre por enriba.

Sementes de mostaza en vinagre

1. Pon a ferver todos os ingredientes e remove ata que se disolva o azucre.

2. Pásao todo a un tarro e deixa que arrefríe. Pon o tarro no frigorífico para conservares as sementes durante varias semanas.