Saltar

Bocados de peixe empanados con puré de patacas

O peixe con limón e salsa remoulade é un prato combinado clásico da cociña sueca. Un prato sinxelo e saboroso que moi probablemente se converterá nun dos favoritos da túa familia.

Cinco bocados de peixe empanados e fritidos cun ton dourado con puré de patacas, chícharos e salsa nun prato azul.
Cinco bocados de peixe empanados e fritidos cun ton dourado con puré de patacas, chícharos e salsa nun prato azul.

Porcións: catro | Tempo: 30 minutos

Ingredientes:

Bocados de peixe empanados

800 g de bocados de peixe empanados HAVSSMAK (dous envases)

Un limón

 

Puré de patacas

600 g de puré de patacas ALLEMANSRÄTTEN (un envase)

 

Salsa remoulade

Catro culleradas de cogombros en anacos en vinagre SOMMARSKÖRD

Dúas culleradas de alcaparras en anacos

Tres culleradas de perexil ou ceboliño fresco picado

1 dl de maionesa

1 dl de crema agre espesa

1 ml de pementa negra moída

1/2 culleradiña de sal

Unha culleradiña de mestura de curri amarelo (opcional)

 

Chícharos

250 g de chícharos conxelados

Paso a paso:

  1. Os bocados de peixe poden cociñarse nunha tixola ou ao forno. Se prefires o forno, quéntao a 220 °C. Mentres se quenta, prepara a salsa remoulade.
  2. Corta os cogombriños conservados en vinagre, as alcaparras e as herbas. Mestura todos os ingredientes. Sazona a mestura con sal, pementa e curri (opcional). Garda a salsa no frigorífico.
  3. Prepara o puré de patacas ALLEMANSRÄTTEN seguindo as instrucións do envase (adoita removerse durante nove minutos).
  4. Mentres tanto, cociña os bocados de peixe empanados HAVSSMAK durante 5-15 minutos. Sigue as instrucións do envase.
  5. Pon auga a ferver; pon unha cantidade dabondo como para cubrir os chícharos. Engade os chícharos conxelados, retíraos do lume e déixaos repousar dous minutos. Escórreos e sírveos.
  6. Presentación: Pon o puré de patacas, a salsa remoulade e os chícharos no prato, engade os bocados de peixe e espreme un limón por encima.

Descubre novos sabores coas receitas IKEA

Goza de deliciosos pratos saudables cada día Descubre os teus novos pratos favoritos en numerosas e riquísimas receitas fáciles de cociñar. Desde roliños e ensaladas ata albóndegas e pratos vexetarianos: hai pratos para todos os gustos e padais.

Velaquí todas as receitas
Velaquí todas as receitas