Saltar

Batido de remolacha e leite de avea

Racións: 4 persoas
Coa nutritiva remolacha e un toque de xenxibre, este batido pode ser un almorzo enerxético perfecto ou unha maneira sinxela de darlle un toque de enerxía á túa tarde.

Un vaso de batido de remolacha e leite de avea rosa e branco, cunha palla branca e unha capa de arandos e flocos de coco.
Un vaso de batido de remolacha e leite de avea rosa e branco, cunha palla branca e unha capa de arandos e flocos de coco.

Ingredientes:

420 g de preparado para batidos FRUKTSTUND de remolacha con xenxibre
250 g de leite de avea
arandos e flocos de coco

Pasos:

1. Desconxela as boliñas.
2. Engade o leite e mestura cun batedor.
3. Verte todo nun vaso e engade unha capa de arandos e flocos de coco.
Desfruta.

Como servir

Escolle o leite e a cobertura que prefiras. Dende logo, esta receita tamén serve para calquera dos demais sabores de FRUKTSTUND.