Albóndegas vexetais con salsa de tomate ao estilo grego
Apetéceche un anaquiño de Grecia? Proba estas albóndegas vexetais con queixo feta, deliciosa salsa de tomate e acompañamentos clásicos mediterráneos.


Porcións: 4 | Tempo: 40 minutos
Ingredientes:
Albóndegas vexetais
500 g de carne picada vexetal VÄRLDSKLOK
150 g de queixo feta
2 dentes de allo esmagados
1 dl de pirixel fresco ben picadiño
1 cullerada de ourego seco
1 culleradiña de sal
0,5 culleradiña de pementa negra
Aceite de colza para fritir
Salsa de tomate
500 g de tomate triturado
1 dl de auga
1 dente de allo esmagado
0,5 culleradiña de mel
0,5 culleradiña de sal
0,5 culleradiña de ourego seco
0,5 culleradiña de pementa negra
Patacas asadas
1 kg patacas pequenas lavadas
2 culleradas aceite de colza
1 chisco de sal
Tzatziki
3 dl de iogur espeso
½ cogombro
1 dente de allo esmagado
1 cullerada de aceite de oliva
0,5 culleradiña de sal
Paso a paso:
Albóndegas vexetais
- Estende a carne picada vexetal nunha bandexa e déixaa desconxelar durante 30 minutos. Non debería acadar a temperatura ambiente.
- Mestura a carne co queixo feta.
- Humedece as mans e forma bólas pequenas.
- Frite as albóndegas vexetais con aceite ata que estean firmes e douradiñas.
- Bota por riba a salsa de tomate e déixaa reducir durante 10 minutos. Engade auga se fose necesario.
Salsa de tomate
- Mestura todos os ingredientes.
Patacas asadas
- Acende o forno a 225 °C.
- Pon as patacas nun prato para enfornar e engade un chorriño de aceite de oliva. Sazona as patacas e reméxeas.
- Colócaas no forno na bandexa do medio durante uns 25 minutos ou ata que estean moles e teñan a superficie crocante e dourada.
Tzatziki
- Rela o cogombro. Escoa o líquido.
- Mestura o cogombro, o iogur o allo e o sal.
- Engade un chorriño de aceite de oliva.