Albóndegas suecas clásicas con salsa de nata
Un prato sueco típico son as albóndegas con puré, chícharos, salsa de nata e marmelada de arandos vermellos. Este suculento prato rápido de preparar é unha opción sinxela para comer en familia calquera día da semana.


Porcións: catro | Tempo: 20 minutos
Ingredientes:
Albóndegas suecas con salsa de nata
360 g de albóndegas HUVUDROLL (aprox. 24 unidades)
Un envase de puré de patacas ALLEMANSRÄTTEN
Un envase de mestura de salsa de nata ALLEMANSRÄTTEN Catro culleradas de marmelada de arandos vermellos SYLT LINGON
2-4 culleradas de leite ou auga para o puré de patacas
3 dl de auga para a salsa de nata
1/2 dl de nata para a salsa de nata
200 g de chícharos conxelados
Paso a paso:
- Bota os chícharos conxelados nun cunco e cúbreos con auga morna.
- Prepara as albóndegas, o puré de patacas e a salsa de nata seguindo as instrucións dos envases.
- Escorre os chícharos e sírveos no cunco.
- Serve as albóndegas co puré de patacas, a salsa de nata, os chícharos e a marmelada de arandos vermellos.
- Consello: Se buscas unha opción vexetariana, podes cambiar as albóndegas de carne por albóndegas de proteína vexetal.