Albóndegas con salsa tzatziki en pan de pita grego
Toda a familia quedará encantada con esta receita de albóndegas e pan de pita. Está feita con ingredientes sinxelos, saborosos e frescos, polo que é ideal para pícnics e ceas de verán.


Porcións: catro | Tempo: 15 minutos
Ingredientes
Sándwichs de albóndegas en pan de pita
300 g de albóndegas HUVUDROLL (aproximadamente 20 unidades)
Catro pans de pita
100 g de queixo feta
1/2 cebola morada
Salsa tzatziki
1 1/2 dl de iogur grego natural con 10% de materia graxa
1 dente de allo pequeno picado finiño
1/2 cogombro relado en anacos máis grosos
1/2 cullerada de zume de limón
Ensalada de tomate e cogombro
3/4 de cogombro
Dous tomates
Catro culleradas de perexil moi picado
Unha culleradiña de ourego seco
Unha cullerada de zume de limón acabado de espremer
Unha cullerada de aceite de oliva
Paso a paso:
- Para a salsa tzatziki, usa un relador e rela o cogombro en anaquiños. A continuación, retíralle o mollo e mestúrao cos demais ingredientes. Sazona con sal e pementa.
- Para a ensalada de tomate e cogombro, corta en dados o cogombro e os tomates, e colócaos nun cunco. Engade o ourego seco esmiuzado, o perexil moi picado, o zume de limón e o aceite de oliva. Sazona con sal e pementa.
- Corta en aros a cebola morada e déixaa á parte.
- Frite as albóndegas e quenta os pans de pita seguindo as instrucións do envase.
- Corta os pans de pita pola metade e éncheos coa ensalada de tomate e cogombro, as albóndegas, a salsa tzatziki, o queixo feta esmiuzado e a cebola morada.