Saltar

Unha pequena cociña, moderna e con moita actitude

Esta pequena cociña flexible, organizada e con moita personalidade, combina funcionalidade e carácter. A almacenaxe aberta dá sensación de espazo e permite telo todo á man, mentres que o seu moderno deseño de liñas depuradas convida a relaxarse ou a compartir momentos cunha cunca de café. É pequena, pero versátil: fai que ata o espazo máis pequeno sexa digno de admirar.

Un espazo monocromático elegante cunha cociña KNOXHULT en gris escuro, teito inclinado e unha zona de comedor.

Compacta e con moito estilo

Esta equilibrada cociña demostra que o práctico tamén pode ser fermoso. A cociña KNOXHULT en cor gris escura, cun mesado con efecto de mármore en branco, simplifica as cousas con solucións de almacenaxe pechadas que lle dan un acabado impecable e estantes abertos que converten os básicos do día a día en decoración. Unha mestura que mantén o espazo ordenado sen ser frío, porque un pouco de personalidade non fai dano.

Os contrastes fan que todo cobre vida. Elegantes armarios monocromáticos combínanse con paredes e chans con textura para atopar o equilibrio perfecto entre o estilo industrial e a calidez do fogar. Cunha iluminación suave e materiais naturais, conséguese un espazo estruturado e atractivo, proba de que a estética e a funcionalidade poden converxer estupendamente nunha cociña.

Unha cociña monocromática KNOXHULT en gris escuro de estilo industrial que combina solucións de almacenaxe abertas e pechadas.

Limpa por fóra, intelixente por dentro

Unha cociña minimalista moderna non ten por que renunciar a ter moito espazo de almacenaxe. Detrás das portas uniformes dos armarios KNOXHULT, cada andel achega o seu gran de area: pratos amoreados, cuncos claramente organizados e a decoración xusta para dar un toque interesante. Todo ten o seu sitio para que o espazo sexa funcional sen que semelle que estás xogando ás agochadas.

Velaquí todos os pomos e tiradores
Un mesado elegante en cor gris cun deseño minimalista no que se ven pratos, un cunco e utensilios perfectamente organizados.
Velaquí todos os pomos e tiradores

Sempre á man cun toque decorativo

Para que unha solución de almacenaxe sexa axeitada, debe ser funcional e bonita á vez. Na estrutura de parede ENHET con andeis, poderás gardar os básicos ao alcance da man á vez que creas unha sensación de amplitude e un estilo desenfadado. O acabado en antracita engade o punto xusto de rebeldía e amosa unha actitude atrevida, moderna e calquera cousa menos aburrida.

Con todo á vista, a organización forma parte do deseño. O enxoval de cociña, as cuncas e as especias non só están aí para usarse, senón que achegan personalidade.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe de parede para cociñas
Unha estrutura ENHET con andeis en antracita con cuncos, cuncas e básicos de cociña nunha parede con textura.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe de parede para cociñas

O café para levar dentro de casa

Nun espazo compacto, cada elemento ten a súa función. Unha mesa estilizada e cadeiras lixeiras crean un comedor flexible ideal tanto para un almorzo rápido como para unha cea distendida que se alonga. O espazo aprovéitase ao máximo grazas a un deseño intelixente que se adapta a cada día.

Os carriños NISSAFORS teñen unha dobre función: como almacenaxe e como estación de café móbil, permitíndoche ter os básicos ao alcance da man (porque as emerxencias de cafeína son reais). A paleta monocromática dá un toque moderno, mentres que a iluminación suave e os cadros con relevo achegan a cantidade xusta de calidez.

Velaquí todas as mesas de comedor para 2 persoas
Unha zona de comedor pequena cunha mesa SANDSBERG negra, cadeiras e un carriño. Hai unha cafeteira con café recentemente feito sobre a mesa.
Unha mesa de comedor cunha cafeteira/teteira UPPHETTA, unha cunca, un croissant e libros amoreados cunha obra de arte abstracta enriba.
Velaquí todas as mesas de comedor para 2 persoas

Liñas simples para a túa rutina de lavado

Un vertedoiro limpo marca a diferenza, e o vertedoiro embutido LÅNGUDDEN mantén as cousas organizadas. O borde posterior lixeiramente máis ancho crea un lugar integrado para os utensilios básicos para fregar: o xabón e os estropallos xa non estarán polo mesado, pero si á man.

Menos cousas, menos desorde: un espazo intelixente e simplificado que fai que fregar a diario non resulte tan aburrido. Máis ou menos.

Velaquí todos os escorredoiros e accesorios de vertedoiro
Un escorredoiro de aceiro inoxidable cunha elegante billa negra, un escorredoiro con pratos e cuncas, e un dispensador de xabón moderno.
Velaquí todos os escorredoiros e accesorios de vertedoiro