Saltar

Unha cociña accesible, perfecta para un... e aberta para todas as persoas!

A cociña KNOXHULT enche de calidez o corazón do fogar e fai que cada momento xuntos sexa máis sinxelo. E, se engades unha mesa con ás abatibles, adáptase a calquera momento, dende un café rápido ata unha cea inesperada con amizades. 

Unha pequena cociña paralela cunha xanela, armarios KNOXHULT brancos, unha mesa de comedor, unha alfombra no chan e un tallo con chanzo.

Almacenaxe práctica para cociñas compactas

Unha cociña pequena non ten por que ser unha lea. Co andel adicional VARIERA, divides a túa balda en dúas seccións prácticas e ordenadas. Sen espazo para a louza? Fixa o colgadoiro de pinza multifuncional PÅLYCKE na balda e gaña espazo sen facer buratos. Verás que fácil!

Velaquí máis interiores de mobles de cociña e armarios
Un armario de parede KNOXHULT cunha porta aberta e un colgadoiro de pinza multifuncional PÅLYCKE e un andel adicional VARIERA dentro.
Unha bandexa para cubertos STÖDJA branca colocada nun caixón aberto dun armario KNOXHULT con utensilios dentro.
Velaquí máis interiores de mobles de cociña e armarios

Orde de arriba abaixo nunha cociña pequena

Un armario alto permíteche aproveitar o espazo vertical e axustar as baldas segundo o que necesites gardar de verdade. Con cestas e recipientes, podes crear unha pequena despensa onde todo ten o seu lugar, mesmo cando hai pouco espazo. Pregúntaste como chegar á balda de enriba? O tallo BEKVÄM axúdache a acadar mesmo a lata máis alta.

Unha cociña con dous armarios altos KNOXHULT brancos, cun tallo con chanzo BEKVÄM branco diante e un carriño no lateral.
Unha porta nun armario alto KNOXHULT lixeiramente aberta; hai moitos recipientes de comida e alimentos gardados nas baldas interiores.

Unha mesa de cociña feita para ter compañía

A mesa con á abatible HAUGA adáptase á perfección a un fogar pequeno.Ao estender a mesa cunha ou coas dúas ás abatibles, terás espazo para que poidan sentar máis persoas. Así que non o dubides e convida os teus seres queridos a comer ou a pasar o día xogando a xogos de mesa na comodidade do teu lar.

Velaquí máis mesas de comedor e cociña
Unha mesa de á abatible HAUGA en branco e chapa de bidueiro, e dúas cadeiras HÖGVED en chapa de bidueiro ao lado dunha fiestra.
Vista desde arriba dunha mesa con aba HAUGA en branco e chapa de bidueiro, con cadeiras HÖGVED ao lado dunha fiestra.
Velaquí máis mesas de comedor e cociña

Mobles de cociña económicos para un fogar acolledor

Deseñar unha cociña acolledora que se adapte ás túas necesidades é máis doado do que parece, e sen gastar unha fortuna. A KNOXHULT ofrece formas e tamaños variados, con frontes e mesados coordinados: só tes que combinalos e engadir pomos e accesorios para darlle o teu toque. Así, podes ter unha cociña accesible, práctica e con estilo propio.

Ir ao planificador de KNOXHULT
Ir ao planificador de KNOXHULT