Saltar

A cociña: o teu centro de reunión familiar

Esta cociña, o corazón da casa, pode afrontar todo o atafego e boureo da vida familiar. Ofrece mobles acolledores, numerosas características intelixentes e espazo para que participedes todos.

Unha cociña de estilo tradicional en cor branca e negra cunha mesa de comedor NORDVIKEN de cor branca rodeada por tres cadeiras e un banco de piñeiro.

Aproveita ao máximo o teu vertedoiro

Tanto se o usas como escorredoiro, para os accesorios de vertedoiro ou para enxaugar e escorrer verduras, este coador ten moitas prestacións intelixentes para que o espazo do vertedoiro resulte moito máis versátil. Ademais, grazas aos soportes que sobresaen dos bordos do vertedoiro, podes ter as mans libres para cociñar e encargarte doutras tarefas.

Velaquí todos os accesorios para as cociñas METOD
Un escorredoiro negro con verduras enriba dun vertedoiro HAVSEN branco. Á súa beira, hai unha táboa de cortar no mesado.
Velaquí todos os accesorios para as cociñas METOD

Un fogar para toda a túa comida

Queres controlar toda a comida que tes? Proba esta práctica despensa. Ten dous estantes: un de pouca profundidade fixado á porta e outro máis profundo que se despraza cara adiante cando abres a porta. O resultado? Ningún dos dous é excesivamente profundo, de modo que non é posible que se perdan as cousas no fondo e non as atopes ata que pase a data de caducidade.

Velaquí todos os accesorios e organizadores METOD
Unha despensa extraíble UTRUSTA nun armario de cociña alto de cor branca cheo de diferentes tipos de alimentos secos en cada andel.
Velaquí todos os accesorios e organizadores METOD

Andeis (e pratos) ao teu alcance

Pon as vitrinas directamente sobre o mesado para que a cativada chegue mellor aos pratos e cuncos. Cos pomos e tiradores SKRUVSHULT engadidos, terán o agarre que necesitan para abrir as portas. Proba con este portapratos para que sexa máis doado levar os pratos á mesa (independentemente de a quen lle toque facelo).

Un armario ENKÖPING con portas brancas de vidro sobre un mesado con recipientes, pratos e xerras, e un soporte para pratos ao lado.

A ledicia de reunirte con quen máis queres

Cando está totalmente estendida, esta ampla mesa garante que sempre haxa un espazo acolledor para que a familia e as amizades se reúnan, desde os almorzos de primeira hora ata os festíns nocturnos. As cadeiras a xogo e os coxíns suaves e cómodos completan o conxunto cun estilo acolledor.

Velaquí todos os conxuntos de comedor
Unha mesa branca NORDVIKEN con tres cadeiras arredor e unha lámpada de teito negra sobre ela no recuncho dunha cociña, á beira da porta.
Velaquí todos os conxuntos de comedor

Todo o que necesitas para teres unha sala de estar familiar que che encantará

Tes un momento de inspiración? Estes son os produtos que che axudarán a crear unha cociña con espazo suficiente para que toda a familia se reúna, cociñe, coma e se relaxe.

Velaquí todas as cociñas METOD
Velaquí todas as cociñas METOD

Electrodomésticos deseñados para ti e para o teu fogar

Estes produtos esenciais, resistentes e bonitos, desenvolvéronse para adaptarse á perfección ás cociñas IKEA, sempre ao mellor prezo posible sen prexudicar a calidade. Ofrecemos ata 5 anos de garantía de balde para os electrodomésticos.

Velaquí todos os electrodomésticos para as cociñas METOD
Velaquí todos os electrodomésticos para as cociñas METOD

Organizadores de parede para unha estancia coordinada

Velaquí todos os organizadores de parede
Velaquí todos os organizadores de parede

Imprescindibles que completan a túa cociña

Velaquí todos os utensilios de cociña e as vaixelas
Velaquí todos os utensilios de cociña e as vaixelas

Mobles que actúan como punto de unión dos diferentes estilos

Velaquí todos os mobles
Velaquí todos os mobles