Saltar

Os escritorios elevables son indispensables nunha oficina ergonómica

Día a día, pasamos horas sentados en fronte dos nosos escritorios, por moito que sexamos conscientes de que non é o mellor para o corpo. Algunhas persoas consideran isto igual de prexudicial que fumar. A solución é sinxela: abonda con alternar a postura e pasar tempo de pé e sentados para impulsar os niveles de enerxía, mellorar a concentración e reducir os problemas das costas. Ao investir en escritorios elevables accesibles, todas as persoas contarán coa motivación necesaria para aturar a xornada e aliviar a carga física e mental. Deste xeito, toda a oficina converterase nun espazo máis dinámico e cheo de movemento. Nesta guía, darémosche máis detalles ao respecto e axudarémosche a tirarlles o máximo proveito aos escritorios elevables.
Oficina con zonas de traballo con escritorios elevables, separados por pantallas acústicas MITTZON en beixe-branco con tecido Gunnared.

Un cambio de postura

Os nosos escritorios de altura axustable axudarán a que o teu equipo probe diferentes posturas; así, terán a posibilidade de sentar, estar de pé ou ―se o precisan― inclinarse sobre eles. Ti asegúrate de seguir a técnica correcta, e listo. Sexa cal sexa a postura, a pantalla debe estar á altura dos ollos, botada un pouco cara atrás e a un brazo de distancia, aproximadamente. Cando esteas de pé, os brazos deben repousar nun ángulo de 90 a 120 graos e o teclado ten que estar á altura dos cóbados. A postura de media altura tamén é moi boa. Coloca o escritorio e o asento de modo que os cóbados descansen sobre o taboleiro. Mantén as costas erguidas, os xeonllos relaxados e os pés apoiados no chan. A idea é facer o mesmo ao sentar. Neste caso, os cóbados poden estar algo máis abertos, pero lembra relaxar os ombros. E, cando queiras sentar, decántate por cadeiras cun bo respaldo lumbar. Cun pouco de práctica, nin se che ocorrerá volver pasar todo o día sen levantarte. Ademais, isto é un investimento intelixente: se a dor se reduce, non terás que pedir tantos días de baixa e gozarás dunha maior enerxía na oficina. Quen se oporía a algo así?

Este escritorio nunca estorba

Os escritorios elevables non se limitan a mellorar a postura e aumentar a concentración. Inclúen unha serie de funcións que permiten que encaixen á perfección no lugar de traballo, e non nos referimos só aos botóns que os soben e os baixan. Por exemplo, as preferencias de altura de MITTZON fan que as persoas coas que traballas poidan establecer as alturas ás que lles gusta traballar de pé e sentadas; deste xeito, evitarán ter que ir configurándoas cada día. Así mesmo, se estás a cambiar a altura do escritorio, a nosa función antichoques fará que se deteña de maneira automática antes de colidir con plantas ou cadeiras. Por se fose pouco, hai unha bandexa que axuda a que os cables estean sempre recollidos e organizados, por moito que o escritorio se eleve e descenda. Para potenciar a concentración aínda máis, podes engadir pantallas acústicas, que axudarán a que todas as persoas atopen o lugar que procuran, tanto físico como mental.
En IKEA, somos conscientes da importancia que teñen o confort e calquera tipo de soporte ao pasar longas horas en fronte do escritorio. Grazas aos escritorios elevables, poderás cambiar a altura da túa superficie de traballo con total comodidade. Cremos que estas funcións non deberían ser un luxo para uns poucos, senón accesibles para a maioría. Por iso, os nosos escritorios elevables son económicos, sen que por iso se vexan comprometidos os nosos altos estándares de calidade e funcionalidade.
Philip DiléDesenvolvedor de produtos
Philip Dilé, desenvolvedor de produtos, sentado nun tallo alto elevable LIDKULLEN beixe, cun escritorio elevable en segundo plano.