Saltar

Ideas para equilibrar a xornada

Traballar desde a casa ten as súas cousas boas. Pero é doado caer no hábito de sentar no escritorio durante horas. Por iso, é fundamental que deixes tempo para pausas que te axudarán a moverte máis ou a relaxarte.

Unha muller nun asento para xanela gozando dunha pausa cunha cunca de té. No peitoril hai unha lámpada altofalante SYMFONISK.
Unha muller nun asento para xanela gozando dunha pausa cunha cunca de té. No peitoril hai unha lámpada altofalante SYMFONISK.

Mantén a enerxía

As reunións en liña e ter que facer isto ou aquilo poden lograr que esquezas beber auga ou comer algo. Para evitalo, ten unha xerra de auga e petiscos saudables no escritorio e mantén a enerxía todo o día.

Velaquí toda a comida e bebida
Nun escritorio hai unha xerra KARAFF e un vaso con auga xunto a un pratiño no que hai unha barriña de froitos secos MUNSBIT aberta.
Velaquí toda a comida e bebida

Programa pausas e cóidate

Tomarte unha pausa mentres fas cousas é beneficioso para ti e para o teu traballo, e pode facer marabillas para a produtividade. Usa un reloxo de area para facer micropausas e estarricarte. Ou vai dar un paseo. Pronto te sentirás e traballarás mellor.

Velaquí todos os accesorios decorativos
Un escritorio preparado para axudarte a facer micropausas mentres traballas, cun reloxo de area MUNSBIT e un marco de fotos LERBODA.
Velaquí todos os accesorios decorativos

Arriba ese ánimo!

Escoitar música mentres traballas pode levantarte o ánimo, axudarte a render máis e estimular a túa creatividade. Se botas de menos a compaña, usa un altofalante Bluetooth para pasar dunha lista de reprodución a un podcast. Tamén podes manter o teléfono cargado e preto para seguir en contacto coa familia e os amigos.

Velaquí todos os altofalantes
Nun escritorio TROTTEN hai unha lámpada altofalante Bluetooth VAPPEBY e un soporte NORDMÄRKE para cargar o móbil sen fíos.
Velaquí todos os altofalantes

Crea un recuncho tranquilo

Saca un pouco de tempo durante o día para reflexionar e relaxarte. Usa coxíns e mantas para maior comodidade. E goza dun tempo sen pantallas pensando nas túas cousas.

Velaquí todos os estores eléctricos
Unha zona de asento xunto a unha xanela cunha funda de coxín DYTÅG, outra SPIKKLUBBA e dous estores celulares PRAKTLYSING.
Velaquí todos os estores eléctricos