Saltar

Como volver seguir un horario sen saír da casa

Podes pospoñelo durante un tempo, pero é inevitable: toca volver ás rutinas e ao traballo. Velaquí algúns consellos para que os próximos meses sexan tan produtivos como agradables.

Un cuarto onde unha muller se inclina sobre un espazo de escritorio flanqueado por mobles de caixóns HELMER e unha parede de armarios IVAR.
Un cuarto onde unha muller se inclina sobre un espazo de escritorio flanqueado por mobles de caixóns HELMER e unha parede de armarios IVAR.

Empeza a xornada con enerxía

Ata que todo funcione sen fíos, mellorar a organización dos cables pode aforrarche moita frustración. A suxeición para cables USB HAVSKÅL é unha das maneiras de simplificala. O enxeñoso e diminuto contrapeso non só suxeita os cables, senón que tamén lle achega unha pouca de cor. Todo listo para empezar con enerxía!

Velaquí todos os accesorios para organizar os cables
Un escritorio MICKE cunha lámpada FLOTTILJ en azul escuro e un teléfono cargando; o cable está fixo por unha suxeición USB HAVSKÅL.
Velaquí todos os accesorios para organizar os cables

Un escritorio para todas as alturas

Crea unha zona de escritorio que che permita ir alternando a postura, sobre todo entre estar sentado e de pé. Engade algunhas plantas e xa terás todo o que precisas para mellorar o benestar e a produtividade.

Velaquí todos os escritorios para traballar de pé
Un espazo de traballo asollado cun escritorio de pé/sentado TROTTEN entre un armario branco TROTTEN de portas corredizas e unha fiestra con plantas.
Velaquí todos os escritorios para traballar de pé

Que se faga a luz!

A luz é boa para o cerebro, o estado de alerta e o rendemento. Con todo, ás veces hai que baixarlle un pouco o brillo. Aínda que ter luz diúrna no escritorio é xenial (sobre todo se tes plantas), virache ben un conxunto de estores para controlar os raios do sol.

Velaquí todos os estores e cortinas
EPIPREMNUM e outras plantas en testos colgantes brancos CHILISTRÅN xunto a unha fiestra asollada cun estor celular branco HOPPVALS.
Velaquí todos os estores e cortinas

Reduce as distraccións

A concentración é fráxil. Atopar o equilibrio entre as horas de traballo e as pausas programadas axuda. Como consello, reduce o número de pantallas que tes ao teu redor. Tamén podes deixar tarefas como cargar o teléfono e controlar a calidade do aire a que o sabe facer ben e, así, centrarte en cousas máis importantes.

Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire
Plantas frondosas e un purificador de aire UPPÅTVIND nun peitoril asollado, enriba dun escritorio cunha lámpada de traballo NYMÅNE e accesorios de oficina.
Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire

Fomenta a flexibilidade

Se traballas nun portátil, xa tes certa flexibilidade. Engádelle unha base para monitor ELLOVEN e non precisarás máis para traballar dende calquera lugar da casa, co teclado elevado e os accesorios organizados. Iso por non mencionar a posibilidade de facelo na mesma estancia que outros membros da túa familia.

Velaquí todos os soportes para portátil
Unha base para monitor ELLOVEN sobre unha mesa de comedor LISABO cun portátil na parte superior e o caixón aberto cun caderno e un cargador.
Velaquí todos os soportes para portátil

Dálle un organizador ao teu caixón

Aínda que pode parecer un cambio menor, engadir accesorio con compartimentos KUGGIS pode ter un efecto dominó na túa produtividade. Ao ter os caixóns de escritorio organizados, resultarache máis doado ter o escritorio ordenado, o que che permitirá concentrarte e ser máis eficiente, algo que á vez mellorará o teu día. E ese é o xeito de que todo flúa.

Velaquí todos os organizadores para equipos electrónicos e documentos
Un organizador con oito compartimentos KUGGIS con accesorios de escritorio no caixón aberto dun escritorio MICKE en branco e antracita.
Velaquí todos os organizadores para equipos electrónicos e documentos