Saltar

Canto espazo é necesario para unha oficina doméstica?

A verdade é que non moito. Se cres que non queda oco para unha zona de traballo específica, é posible que te trabuques. Aquí atoparás escritorios de distintos estilos cos que aproveitar ben o espazo e crear unha oficina doméstica funcional e atractiva, independentemente do aspecto e os metros cadrados da túa vivenda.

Un pequeno recuncho de traballo cun escritorio MITTPLAN, unha cadeira de traballo SMÖRKULL vermella, unha planta e un carriño branco con caixas de almacenaxe.

Algunha vez pensaches en como crear un espazo para unha oficina doméstica?

Ata unha simple esquina se transforma nunha oficina con este escritorio MITTPLAN. Tan só mide 80 × 60 cm e é compatible con calquera recuncho. Traballa con comodidade durante longas xornadas cunha cadeira axustable e manteno todo ao alcance da man cun carriño independente e un estante. Completa o espazo de traballo cun fondo para as reunións en liña.

Velaquí todos os estantes
Un pequeno recuncho de traballo cun escritorio MITTPLAN, unha cadeira de traballo SMÖRKULL vermella, un portátil e un carriño branco con caixas de almacenaxe.
Un estante aberto EKENABBEN con accesorios de almacenaxe xunto a unha lámpada de pé negra e un colgadoiro para roupa cuberto por unha tea.
Velaquí todos os estantes

Ergonomía mellorada ao alcance de calquera

Converte unha parede baleira nunha oficina doméstica e optimiza o teletraballo. Este escritorio GLADHÖJDEN, que mide só 100 × 60 cm, permíteche traballar en posición sentada ou de pé. Mellora a ergonomía cun tallo alto elevable e emprega armarios de parede para aforrar espazo no chan e gardar o que non uses todas as semanas.

Velaquí todos os escritorios para traballar de pé
Un cuarto colorido con mobles de caixóns sobre rodas, un escritorio elevable GLADHÖJDEN branco e negro, e un tallo elevable NILSERIK.
Velaquí todos os escritorios para traballar de pé

Descubre un espazo que non sabías que tiñas

Busca un espazo na parede do teu fogar que poidas aproveitar mellor, e verás que non custa nada facer oco para unha zona de traballo pequena e totalmente funcional. Só precisas un resistente escritorio TROTTEN de 120 × 70 cm, unha cadeira de traballo cómoda con repousabrazos e unha lámpada de traballo que ilumine ben. Engade un carriño para as carpetas e outros materiais e a túa nova oficina doméstica estará lista nun día.

Velaquí todos os escritorios e mesas
Un recuncho con chan de madeira e un pequeno espazo de traballo cun escritorio TROTTEN branco, un armario IVAR e unha cadeira de traballo FLINTAN beixe.
Velaquí todos os escritorios e mesas

Unha oficina doméstica con todo o necesario sen facer buratos

Nunca fora tan doado crear un espazo de traballo: basta cun escritorio, moitas solucións de almacenaxe de fácil acceso e andeis para libros. Este escritorio VEBJÖRN é unha solución integral que ofrece unha ampla superficie de traballo de 140 × 60 cm, andeis integrados nos que gardar as túas cousas e caixóns espazosos. E sen necesidade de facer buratos! Se tes un fogar de estilo tradicional, decántate por este escritorio a xogo, que se integrará coa túa vivenda á perfección. 

Un escritorio VEBJÖRN xunto a unha cadeira xiratoria. Hai libros amontoados enriba do escritorio e nos seus andeis laterais.

Sé orixinal cun escritorio discreto

Encaixaría o teu espazo de traballo na sala de estar? Opta por un estilo coordinado coa túa sala de estar para que o escritorio e as solucións de almacenaxe pasen desapercibidas. Só precisas un escritorio ALEX compacto de 132 × 58 cm con organización de cables integrada, mobles de almacenaxe a xogo e unha cadeira de traballo que podería pasar por cadeira de brazos.

Velaquí todos os escritorios para o fogar
Un espazo de traballo nunha sala de estar cunha cadeira de sala de xuntas TOSSBERG/LÅNGFJÄLL en gris escuro/negro xunto a un escritorio e unhas unidades de almacenaxe ALEX.
Un escritorio ALEX en gris escuro con dous caixóns, un deles parcialmente aberto. Ademais, hai un taboleiro de inspiración, un caderno de bosquexos, materiais para pasatempos e un organizador de escritorio.
Velaquí todos os escritorios para o fogar

Detalles que facilitan o teletraballo

Cando xa teñas o escritorio, precisarás un asento cómodo e regulable, iluminación directa para fomentar a concentración e solucións de almacenaxe prácticas para manter ordenados os documentos e o material de oficina. Así mesmo, unha solución de organización de cables funcional permitirache manter o espazo de traballo máis organizado.

Un pequeno recuncho de traballo cun escritorio MITTPLAN, unha cadeira de traballo SMÖRKULL en gris escuro, un portátil e unha cunca de café branca e verde.
Un cable de extensión HORNFELS amarelo con catro enchufes, cun cable enchufado, no peitoril dunha fiestra, xunto a un floreiro amarelo.
Un recuncho cunha oficina doméstica no que tamén hai caixas KUGGIS brancas con tapa de distintos tamaños encasteladas sobre dous carriños INVALLNING brancos para caixas.
Unha lámpada de traballo MODERMOLN cromada enriba dun escritorio cun dispositivo conectado ao porto de carga USB-C integrado na súa base.
Un moble de caixóns ALEX en gris escuro con caixóns abertos nos que hai materiais para pasatempos, distribuídos en recipientes de distintos tamaños.

Buscas máis ideas para o teu espazo de traballo na casa?