Saltar

6 ideas brillantes para iluminar a túa oficina doméstica

Escoller ben a iluminación pode facer marabillas na túa oficina doméstica. Aquí che damos algunhas ideas para guiarte.

Unha muller sentada nun escritorio namentres grava un vídeo cun aro de luz LÅNESPELARE cun soporte para móbil.
Unha muller sentada nun escritorio namentres grava un vídeo cun aro de luz LÅNESPELARE cun soporte para móbil.

Renova o teu escritorio con estilo

Crea un estilo moderno cunha temática escura (aquí, a lámpada de traballo NÄVLINGE combínase co escritorio e os accesorios) que realce e complemente a gama de cores naturais das cortinas e o protector de escritorio de cortiza.

Velaquí todos os cables e cargadores
Un ordenador cun cable USB tipo A para USB tipo C LILLHULT en gris escuro, unha lámpada de traballo LED NÄVLINGE negra e un cargador sen fíos LIVBOJ negro.
Velaquí todos os cables e cargadores

Iluminación ambiental portátil

Aínda que a iluminación intensa ten moitas vantaxes, é necesario equilibrar os momentos de concentración no traballo con outros máis relaxados. Por sorte, a lámpada portátil NÖDMAST ofrece comodidade, versatilidade e dinamismo: como se pode recargar e non ten fíos, o seu marabilloso brillo ha acompañarte a calquera parte.

Velaquí todas as lámpadas portátiles
Unha lámpada LED portátil NÖDMAST en rosa claro e verde agrisado escuro iluminando un taboleiro de mesa cuberto con téxtiles de cores.
Velaquí todas as lámpadas portátiles

Trae a luz do exterior

Aproveita toda a luz diúrna natural que poidas. Non hai nada que a poida substituír. Se xa traballas a carón dunha ventá, xenial. Se tes espazo tamén para incorporar plantas, mellor aínda. Só tes que asegurarte de contar cunha lámpada de traballo adecuada para as horas con menos luz.

Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire
Un espazo de traballo cunha cunca de vidro transparente IKEA 365+ e unha lámpada de traballo NYMÅNE sobre un escritorio xunto a unha fiestra chea de plantas vizosas.
Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire

Manteno limpo

Minimizar as distraccións no escritorio sempre é boa idea. Aquí, algúns artigos de escritorio coidadosamente seleccionados realzan a sensación de calma, que se potencia cunhas cortinas elegantes que combinan coas finas liñas da lámpada de traballo LÖVMÅNAD.

Velaquí todas as lámpadas de traballo
Unha mochila STARTTID gris pendura do gancho lateral dun escritorio RIDSPÖ de chapa de carballo sobre o que hai unha lámpada de traballo LÖVMÅNAD negra acesa.
Velaquí todas as lámpadas de traballo

Liñas tradicionais, funcións modernas

Para crear un ambiente acolledor, combina elementos clásicos (como madeira escura e esta lámpada FORSÅ, resistente e algo retro) con luces e outras funcións máis modernas.

Unha lámpada de traballo FORSÅ beixe sobre un escritorio IDANÄS marrón ilumina un caderno e un caderno de notas.

Os escritorios pequenos tamén merecen atención

Os máis pequenos séntense moi ben se teñen un espazo para debuxar e xogar só para eles. Inclúe a iluminación adecuada no plan, especialmente se o escritorio está nun recuncho con pouca luz, como o oco dunha escaleira ou debaixo dunha cama alta.

Velaquí toda a iluminación infantil
Un escritorio debaixo dunha cama alta VITVAL con accesorios SKÅDIS no taboleiro perforado e unha cadeira xiratoria BLECKBERGET en verde claro diante.
Velaquí toda a iluminación infantil