Saltar

Un dormitorio compartido para dous adolescentes

Nos fogares con pouco espazo, o dormitorio dos adolescentes é máis que un lugar para durmir: é o sitio onde descobren quen son. Neste exemplo, os teus fillos ou as túas fillas poderán facelo de lado. Teñan ou non a mesma idade, o cuarto debe ser igual de práctico para traballar, concentrarse ou facer as súas cousas. Aquí é onde se fan os deberes, se desenvolven afeccións e teñen lugar as confesións nocturnas. Apunta alto con mobles básicos como BOLLPOJKE, un heroe humilde que ofrece a oportunidade de adaptar o estilo da estancia ao propio. Porque o feito de que un espazo sexa compartido non significa que non poidas adaptalo á túa personalidade.
Dous escritorios BOLLPOJKE en piñeiro/branco de lado nun dormitorio compartido, cun lateral en estilo neutro, e o outro máis colorido.

Un escritorio? Máis ben, un lenzo en branco.

O escritorio BOLLPOJKE non está feito só para estudar; o certo é que podería dicirse que é un reflexo da personalidade de cada adolescente. O taboleiro de madeira maciza de piñeiro BOLLPOJKE adáptase a calquera cousa, dende crear flores de papel ou esbozar a seguinte obra de arte ata construír algo en equipo. E, se queres engadir algo de intimidade ou xuntar dous escritorios, pendura unhas cortinas DYTÅG. Unha pequena superficie que se converte nun amplo espazo de traballo nun abrir e cerrar de ollos, ideal para facer traballos en equipo ou xogar a videoxogos en compañía. A almacenaxe oculta de debaixo do taboleiro é moi práctica para agochar o portátil, as follas de papel e calquera outra cousa que soe a desorde. Combínaa coas cadeiras xiratorias BLECKBERGET, que están dispoñibles en dúas cores. O asento acolchado adáptase aos corpos en crecemento, o que garante a comodidade durante horas de traballo ou diversión. Ademais, ao non ter repousabrazos, a cadeira pódese gardar con facilidade no escritorio para, así, evitar que ocupe un espazo moi valioso de forma innecesaria.

Cando a almacenaxe fai a unión

Cando o dormitorio se usa para todo, a almacenaxe non é un privilexio, senón unha necesidade. Os artigos modulares, como os armarios IVAR, os mobles de caixóns de distintas cores e os estantes abertos SÅGMÄSTARE, axudan a crear un dormitorio adolescente compartido que, ademais de ter sentido, tamén se sente persoal. Ademais, a almacenaxe compartida tamén é moi práctica para gardar tras portas ou en caixas aquelas cousas que queres que se vexan. Outros mobles teñen rodas para que poidas deixalos nun recuncho cando o día ceda paso á noite. E non esquezas que, cando dúas persoas comparten as mesmas catro paredes, a desorde pode aparecer máis rápido do que pensas. Decide que cousa vai en cada lugar e lembra aproveitar o espazo de debaixo da cama ou da parte alta das paredes. Para chegar a el, só precisas un tallo. Así, todo estará organizado. Porque, nun espazo ordenado, sempre caben máis cousas.

É cousa de dous

Os adolescentes precisan espazo tanto para eles como para as súas cousas. E se, ademais teñen que compartir ese espazo, a frustración pode non tardar moito en aparecer. Por sorte, existen varios xeitos de dar un toque persoal a un dormitorio compartido. Antes, xa mencionamos as cortinas DYTÅG, pero debes saber que non só son útiles ao facer os deberes. Por exemplo, podes pechalas cando queiras pasar uns intres coas túas amizades ou coa persoa que che gusta, ou facer un maratón de series, sen ter a sensación de que sempre hai alguén máis. Non obstante, non se pode pasar por alto o feito de que compartir dormitorio tamén pode ser unha experiencia moi acolledora. Se queres engadir algo de calidez á escena, podes converter a túa cómoda cama RAMNEFJÄLL nun espazo de relaxación. Cúbrea dunha morea de coxíns e unha manta. Énchea de cores e estampados, ou decántate por algo máis sereno cun estilo sutil de ton sobre ton. A estrutura tapizada en beixe encaixa sen problemas con ambas as opcións. E non esquezas que, ás veces, son os límites ―e non as paredes― os que definen un espazo persoal. E isto é algo que podemos crear sen moitas complicacións.

Déixate levar

A adolescencia é unha etapa definida pola procura de identidade persoal, algo co que os cuartos poden axudar. Porque aí é onde comeza a busca do teu propio estilo. Non ten por que coincidir co do teu irmán ni co da túa irmá. Elixe o que sintas que encaixa contigo. O andel para cadros DAGGKAPRIFOL, por exemplo, permíteche elixir as obras de arte que queres ter á vista e cambialas sempre que o precises. O espello da mesma serie achega unha dose adicional de personalidade e permíteche ver como queda a roupa cando o baño está ocupado. A barra para a roupa MULIG ofréceche unha maneira sinxela e atractiva de organizar os teus conxuntos. E, cando é de noite e non che apetece usar a luz principal, a lámpada de mesa BÄCKNATE pode axudarche a crear unha escena acolledora. Aínda que pareza de papel, este artigo está feito dun material sintético, suave e duradeiro. O máis divertido é que o teu estilo irá cambiando co tempo. E non esquezas que, grazas a estes artigos doados de modificar, o teu cuarto pode cambiar contigo para que poidas gozalo tanto no presente como no futuro.