Trucos para a entrada que che alegrarán a mañá

Unha entrada que satisfaga as necesidades de toda a familia. Ensinámosche a crear solucións de almacenaxe intelixentes que lles fagan a vida máis fácil a todos.

Colgadoiros con ganchos brancos montados na parede, con roupa de nenos colgada, estantes gris claro e bicicleta infantil de madeira.

Para que sexa máis fácil preparar os nenos pola mañá, deixa colgada a roupa que van poñer en colgadoiros á súa altura, para que poidan vestirse sós.

O escritorio de pé KNOTTEN é perfecto para deixar as chaves, o correo e o teléfono. Ademais, grazas ao sistema para manter os cables fóra da vista, poderás cargar o teléfono sen estragar a estética.

Mantén as alfombras no sitio e protexe os teus fillos co protector antiescorregante para alfombras STOPP FILT.

Organiza a almacenaxe da entrada ao teu gusto e facilita a tarefa de atopar o que buscas etiquetando os caixóns co nome do que hai dentro.