Se che gusta o gaming en compañía dos teus amigos, precisas un espazo onde ter todo o esencial.
Un centro de mando para gamers experimentados que xogan en compañía.
Tes o lugar perfecto para xogar cos teus amigos? É hora de equipalo co escritorio onde terá lugar a maxia. Empeza polo escritorio gaming MÅLOMRÅDE, que é a opción perfecta.
Os brazos para monitor e o panel de control para gardar (e expor) os teus auriculares extra e outros artigos esenciais axudarán a manter o escritorio en orde e pronto para a acción. Necesitas erguerte? Abonda con premer o botón para subir o escritorio á altura ideal.
Arriba, abaixo e por todos os lados: exhibe abertamente a túa paixón polo gaming
Esquécete de agochar os teus artigos gaming favoritos e exhíbeos en andeis flotantes como a serie LACK. Son unha solución ideal de almacenaxe aberta (e á vista). Namentres xogas, é imprescindible ter á man un carriño NISSAFORS práctico con todo o esencial, como algo para petiscar, os teus cadernos e outros materiais. Ademais, podes levalo onde o necesites.
Incluso os mellores gamers sociais precisan unha zona de descanso onde acougar un intre. Crea o teu propio refuxio preto para relaxarte cos teus amigos (sexan persoas ou mascotas). Para realzar o ambiente, agrupa varias seccións modulares de 1 asento, algunhas plantas e coxíns cómodos e deixa que a tranquilidade penetre en todas partes.
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Páxina de información do produto
Crea o ambiente ideal para gozar do gaming cos teus amigos
Prepárate para volver a xogar! Acende as luces (as luces gaming, abofé). Con iluminación decorativa nas paredes e tiras de iluminación, podes enmarcar o teu centro de mando para telo todo sempre pronto para a seguinte partida. Escolle a configuración de iluminación que máis che guste para acordar o teu espírito gañador e comezar a aventura.