Os gatos son da familia e tamén quere deixar a súa pegada no teu fogar. Pero, ás veces, os resultados poden ser lamentables. As nosas rascadoiras de xute, sisal e algodón transformarán rapidamente a pata da mesa nun ximnasio doméstico que o teu gato poderá rascar e onde poderá estirarse e afiar as unllas. Grazas ás tiras cosidas, é moi sinxelo suxeitar a rascadoira á pata da mesa, e mesmo lle dá un toque de elegancia. Ti tes menos estragos e o teu gato, as unllas máis afiadas. Todos contentos. Excepto os ratos, claro.