Saltar

Como planificar a zona do comedor

É probable que ti e mais a túa familia pasedes moito tempo no comedor. E non só para comer. Dende mesas e cadeiras ata solucións de almacenaxe, iluminación e moito máis, ofrecémosche algúns consellos que te axudarán a conseguir o comedor dos teus soños.

Unha mesa de comedor SKOGSTA de madeira e cadeiras SKOGSTA combinadas nun comedor diante duns armarios IVAR pintados de verde.

Como elixir unha mesa de comedor

Para empezar, que tamaño de mesa che convén? Pensa no número de persoas que a ocuparán e nas dimensións do teu espazo. Unha mesa extensible pode ser moi práctica, xa que ocupa menos espazo cando non está estendida. Para que vai ser a mesa? Comidas cotiás e festivas, estudar, pagar facturas, facer crebacabezas? Elixe materiais que vos duren moitos anos a toda a familia.

Velaquí todas as mesas de comedor
Unha mesa de comedor de madeira SKOGSTA e seis cadeiras SKOGSTA nun comedor debaixo de dúas lámpadas de teito SKURUP.
Velaquí todas as mesas de comedor

Formas, estilos e cadeiras combinadas

Redonda, cadrada, rectangular ou oval? Pensa no tamaño e a forma da túa estancia. Que estilo che gusta? Dispoñemos dunha ampla gama para escoller. Mesmo temos unha morea de xogos de comedor con mesas e cadeiras combinadas que garanten un aspecto coordinado de forma sinxela.

Unhas cadeiras pregables, un tallo IBBARBO e dúas cadeiras VIHALS xunto a unha mesa extensible e baixo unha lámpada de teito ZEBRASÄV branca.
Unha mesa DOCKSTA branca con pratos, cuncos e cubertos FÖRNUFT sobre manteis individuais SOARÉ de xacintos de auga.
Unha mesa redonda extensible SKANSNÄS de chapa/faia marrón e unhas cadeiras SKANSNÄS de faia marrón nun comedor.
Unha mesa MÖRBYLÅNGA en chapa de carballo tinguida de marrón e varias cadeiras ODGER en antracita compoñen un comedor.
Dous bancos KLIMPFJÄLL de cor marrón agrisada e varias cadeiras NORRARYD negras descansan a carón dunha mesa de comedor KLIMPFJÄLL de cor marrón agrisada.

Atopamos as cadeiras perfectas para ti

Cadeiras tapizadas ou non tapizadas? Para escoller os asentos, pensa no teu estilo e na mellor opción para que todas as persoas estean cómodas. Por iso, sempre é boa idea facer a túa propia combinación. As fundas lavables mantéñense impecables, mentres que as novas permiten cambiar de estilo. Elixe un banco ou tallos para ampliar o espazo arredor da mesa, e cadeiras pregables ou amoreables se queres que ocupen menos cando non as uses.

Velaquí todas as cadeiras de comedor
Unhas cadeiras SKOGSTA de madeira e unha cadeira infantil negra situadas a carón dunha mesa SKOGSTA de madeira nun comedor.
Dúas cadeiras KRYLBO en beixe escuro á beira dunha mesa extensible EKEDALEN en branco; debaixo hai unha alfombra plana STOCKHOLM de raias.
Velaquí todas as cadeiras de comedor

As cadeiras axeitadas, tamén para os pequerrechos

As comidas e as actividades que se fan na mesa son máis doadas para todos e todas se os pequerrechos tamén poden sentar comodamente. Unha cadeira infantil é perfecta cando son grandes dabondo para unha trona, pero non tanto como para sentar nunha cadeira convencional.

Velaquí todas as cadeiras infantís de comedor
Unha cadeira infantil AGAM negra a carón dunha mesa de comedor SKOGSTA sobre a que hai un rolo de papel para pintar.
Velaquí todas as cadeiras infantís de comedor

Delimita a túa zona de comedor cunha alfombra

Por que non completas o teu comedor cunha alfombra? Achegará calidez e axudarate a amortecer o ruído. As alfombras de tecido liso facilitan o movemento das cadeiras e son máis doadas de aspirar.

Velaquí todas as alfombras de tecido liso
Dúas mesas LISABO en chapa de freixo e varias cadeiras LISABO de freixo sobre unha alfombra STOCKHOLM en cor negra e branca óso.
Velaquí todas as alfombras de tecido liso

Iluminación para atopar o sal e crear o ambiente perfecto

Unha lámpada de teito é unha grande elección (ou dúas, se a túa mesa é grande). Permitirache ver todo o que hai na mesa e as demais persoas, ademais de crear a acolledora sensación de estar dentro doutro cuarto. Se ademais podes atenuar as lámpadas, lograrás a luz e o ambiente axeitados para distintas actividades, dende poñer a mesa ata gozar dunha cea romántica.

Velaquí todas as lámpadas de teito
Unha lámpada de teito ZEBRASÄV branca pendura enriba dunha mesa con comida. A luz intensifícase e a comida é substituída por un ordenador portátil.
Unha gran mesa MÖRBYLÅNGA e algunhas cadeiras debaixo de dúas lámpadas de teito HÖGVIND con 3 focos nun comedor.
Dúas lámpadas de teito LED NYMÅNE penduradas enriba dunha mesa extensible STRANDTORP marrón e varias cadeiras NORDVIKEN negras.
Unha lámpada de teito BÄCKNATE pendura sobre unha mesa SANDSBERG negra e tres cadeiras ADDE negras a carón dun sofá.
Dúas lámpadas de teito ANKARSPEL penduran sobre unha mesa con libros e floreiros, incluído un floreiro con follaxe decorativa.
Velaquí todas as lámpadas de teito

Toda a almacenaxe que precisas

Xantar a diario, organizar ceas ou pagar as facturas: son tantas as actividades que se fan na mesa que seguro que tes moitas cousas que gardar. A almacenaxe pechada, como un armario ou un aparador, permíteche agochar cousas que precisas, pero que non queres ter sempre á vista. Aquí, pintamos os armarios IVAR para que combinen coa parede verde. A almacenaxe aberta, como un estante, permíteche ver todo no momento e acceder ás túas cousas con facilidade. Ademais, se queres, tamén podes colocar obxectos decorativos. E que che parecería unha vitrina para presumir dos teus cuncos de ensalada favoritos e mantelos limpos de po?

Velaquí todos os armarios e lacenas
Uns armarios IVAR pintados de verde están fixados a unha parede, debaixo dun estante IVAR na parede preto dunha fiestra.
Velaquí todos os armarios e lacenas

Toques decorativos para realzar o teu comedor

Decorar o comedor contribúe a personalizalo e a crear unha boa atmosfera. Por exemplo, unha mesa de comedor é un lugar ideal para poñer flores frescas nun floreiro. Alegrarán toda a estancia. E por que non penduras algún cadro na parede? Non será por falta de opcións!

Velaquí toda a decoración
Un floreiro BEGÄRLIG de vidro transparente con flores dentro repousa sobre unha mesa de comedor SKOGSTA preto dunhas fiestras nun comedor.
Tres carteis de verduras en marcos KNOPPÄNG e algunhas flores secas penduran dunha parede verde claro a carón dunha planta verde.
Velaquí toda a decoración

Utilizas o comedor para moito máis que para comer?

Para pagar as facturas? Para organizar noites de xogos con amigos e amigas? Para estudar? Se precisas consellos para converter o teu comedor nun espazo multifuncional, bótalle unha ollada a isto.