Saltar

Solucións de almacenaxe para gardar todos os xoguetes

Os xoguetes son o máis importante para os cativos. O seu grande entretemento e ilusión, e fundamentais para o seu desenvolvemento a todos os niveis. Porén, ao mesmo tempo sabemos que, cando teñen de todo, a desorde pode converterse nun problema. Sigue estes simples consellos e deixa que a súa imaxinación voe por todo o alto sen límites.

Girl playing with soft toys, sitting behind VITBJÖRN storage unit with drawer full of toys. BUSUNGE extendable bed in back.
Girl playing with soft toys, sitting behind VITBJÖRN storage unit with drawer full of toys. BUSUNGE extendable bed in back.

Xoguetes sempre á man

Colocar os sistemas de almacenaxe á altura dos cativos fai que sexan independentes e autosuficientes á hora de xogar, xa que poden acceder a eles de xeito natural e con total seguridade, para despois volver gardalos e que o cuarto quede recollido. É moi importante fomentar a autonomía dos nenos e nenas para que adquiran bos hábitos dende o comezo.

Velaquí a almacenaxe para xoguetes
A light white stained pine TROFAST frame holding storage boxes in lilac, light blue and light orange in a children’s room.
Velaquí a almacenaxe para xoguetes

Cestas e caixas infantís

As pinturas, os xoguetes pequenos e os accesorios tamén precisan un fogar; gardalos en armarios e caixóns pode parecer unha boa solución, mais case sempre se converte nun caos oculto. A desorde non está a simple vista, mais segue a ser a protagonista. Coas caixas e cestas poderán manter o seu cuarto recollido dun xeito doado, sinxelo e mais económico.

Velaquí as cestas infantís
A beige BRANDRÖM box on a floor filled with soft toys including a LILLEPLUT soft toy cat and SKOGSDUVA owl soft toy puppet.
Velaquí as cestas infantís

SMÅSTAD, o sistema de almacenaxe que medra ao ritmo dos teus fillos

A familia SMÅSTAD, de almacenaxe infantil, está deseñada para favorecer o crecemento dos teus fillos e fillas e ofrecer sistemas autónomos de ordenación. Poderás escoller entre diferentes módulos e cores, para conseguir a solución que mellor se adapta ás túas necesidades e as dos máis cativos da casa. Conseguirás que ter os seus xoguetes recollidos sexa un xogo máis e eles gozarán facéndoo.

Velaquí o sistema de almacenaxe SMÅSTAD
Two kids climbing up on SMÅSTAD storage to look in round mirrors with different hairstyles painted around them on the wall.
SMÅSTAD/PLATSA storage units along a wall with painted decorations and FLISAT doll’s house on it. Blue sea painted on floor.
Velaquí o sistema de almacenaxe SMÅSTAD

Xogar e gardar sempre seguros

Independentemente do sistema que escollas, ten sempre en conta a seguridade. Sobre todo se falamos de mobles grandes, fíxaos á parede para que non poidan envorcar nin moverse e protexe as esquinas para evitar posibles golpes. Sabemos que os nenos en moitas ocasións son imprevisibles, por iso é tan importante ser previsor con eles. Queremos que xoguen, se divirtan e recollan os seus xoguetes sen ningún risco de que se manquen.

Velaquí as solucións de seguridade infantil
A white UNDVIKA window catch
Velaquí as solucións de seguridade infantil

Perchas infantís e colgadoiros

Chegar da escola e deixar o abrigo, a mochila ou a bata tirados enriba da cama é un hábito que se pode mudar con facilidade. Tan doado como instalar no seu cuarto un divertido colgadoiro que estea sempre ao seu alcance ou pendurar a roupa nalgunha das coloridas perchas que podes poñer no seu armario. Ponllo fácil e, aos poucos, irao facendo de xeito autónomo.

Velaquí as perchas infantís
An adjustable BÄRFIS door hanger on mid-blue door holding a hat, a bag and a vest, near a bed with VÄNKRETS bed linen on it.
Velaquí as perchas infantís