Saltar

Preparativos para unha festa de pixamas

Que ilusión! Todos e todas lembramos a primeira vez que fixemos unha festa de pixamas, así que podemos imaxinar o que supón. Fagamos todo o posible para que se converta nun recordo inesquecible! Para comezar, podemos engadir ao plan unha cálida benvida, actividades divertidas, unha cama cómoda e, polo menos, un animal de peluche.

Un cuarto infantil cunha parede azul e dúas nenas xogando nunha cama SLÄKT cunha funda nórdica NATTHÄNGER verde e uns coxíns de cores.

Acomodémonos e que empece a festa!

O mellor é planificar conxuntamente a festa de pixamas, xa que quen a organiza sentirá tantos nervios como os asistentes. Anota as actividades que se poden facer. Que imos facer? Que imos comer?  A que hora iremos para a cama? Recompílao todo nun taboleiro perforado SKÅDIS.

Primeiro plano dun taboleiro perforado SKÅDIS cheo de debuxos de cores, unha listaxe de cousas que facer, un altofalante, un bolso, gomas para o pelo e moito máis.

Dámosche a benvida á Cafetaría Amizade

Unha idea moi divertida é facer algún pastel conxuntamente ou preparar espetadas de froita. E por que non as dúas cousas? Con tanta delicia, por que non abrimos unha cafetaría? O interior desta cafetaría é moi cómodo. Ata podes tombarte no colchón pregable SLÄKT! Pensa se queres convidar ao resto da familia, e se queres que sexan os teus convidados ou que fagan de camareiros.

Velaquí todos os cubertos, os pratos e as cuncas infantís.
Vista superior dunha mesa MAMMUT con cartas para xogar, froita, lambonadas e peluches. Arredor dela hai varios pufs SLÄKT.
Velaquí todos os cubertos, os pratos e as cuncas infantís.

O papel e os lapis dan moito xogo

Cando dúas mentes prodixiosas se xuntan, a creatividade flúe e tradúcese en obras de arte e traballos manuais. A serie MÅLA ten todo o necesario para crear calquera cousa, dende casas de cores ata obras de arte. Tamén podes facer xogos de adiviñar de papel con diferentes actividades ou retos. Algúns exemplos poderían ser cantar unha canción, aguantar á pata coxa durante un minuto, facer cóxegas ou crear un instrumento. E un dado! Non esquezamos un dado para xogar.

Velaquí todo o material escolar e para traballos manuais
Dúas nenas sentadas no chan nunha mesa MAMMUT debuxando e creando varias cousas cos lapis e o material escolar da serie MÅLA.
Velaquí todo o material escolar e para traballos manuais

Ordenalo todo será tan sinxelo como poñelo patas arriba

A combinación de almacenaxe TROFAST ofrece moitas vantaxes. Unha delas é que as caixas poden sacarse con facilidade e levarse a calquera parte para amosar todos os xoguetes e o material que tes. Cando sexa hora de durmir e de recollelo todo, só terás que encher as caixas e poñelas de novo no seu sitio. Vale, non é igual de divertido, pero non se tarda nada e non dá traballo.

Velaquí o sistema TROFAST
Un módulo de almacenaxe TROFAST montado na parede con caixas de plástico cheas de xoguetes; enriba tamén hai moitos xoguetes e varios obxectos.
Velaquí o sistema TROFAST

Recorda, é unha festa de pixamas, non unha noite en vela.

É moi doado dicir que xa é hora de durmir, outra cousa é facelo de verdade, así que vai preparando o corpo. Baixade os estores e apagade a luz, abride as camas, acurrunchádevos, e lede algo. As fundas nórdica e de almofada NATTHÄGER converteranse na túa roupa de cama favorita, e os peluches DJUNGELSKOG seguro que serven de inspiración para os teus soños.

Velaquí toda a roupa de cama infantil
Cama SLÄKT cunhas caixas de almacenaxe abertas; ao lado hai unha nai sacando un edredón e unha almofada para a cama dos convidados.
Cama de convidados aberta e preparada para durmir; na cama hai dúas nenas lendo un conto. As dúas camas teñen a roupa de cama NATTHÄGER.
Velaquí toda a roupa de cama infantil

Unha lámpada acesa reconforta e axuda a conciliar o sono pola noite.

É normal sentir algo de inquietude cando se apaga a luz, sobre todo se durmimos nunha casa que non é a nosa. Nestes casos, a lámpada de noite TÖVÄDER axudará a conciliar o sono. Se queres ter máis amigos e amigas cerca, poñede todos os peluches que queirades na solución de almacenaxe TIGERFINK e achegádeos á cama. Serán a vosa compañía!

Primeiro plano animado dunha lámpada de noite TÖVÄDER acendéndose e apagándose enriba dun tallo MAMMUT ao lado da cama.
Primeiro plano dunha solución de almacenaxe TIGERFINK che de peluches preto da cama. Enriba está o peluche BLÅVINGAD de cor amarela.

Todo na cantidade xusta

As mellores festas son as que rematan no seu debido momento, nin antes nin despois. No caso das festas de pixamas, ese momento é normalmente xusto despois do almorzo. Antes de partir, fai un debuxo ou escolle un para levalo de recordo. Momentos como preparar unha mochila para pasar a noite fóra, acomodarse, relacionarse coa familia dun amigo ou durmir nun lugar descoñecido son pasos moi importantes para os pequerrechos. Pero esa sensación da mañá seguinte… é algo indescritible. No caso de que un neno non fose quen de quedar para pasar a noite, non viría mal convidalo a almorzar o día seguinte.

Primeiro plano dun escritorio con lapis MÅLA e un debuxo de cores con dous amigos dándose a man.

Consellos prácticos para solucións infantís intelixentes