Saltar

Consellos para mellorar o descanso dos pequerrechos

Non precisas po de fadas para que os máis pequenos durman como nun conto. Ofrecémosche seis consellos clave, xa que un bo descanso comeza con pequenos cambios que marcan unha gran diferenza. Abracadabra! Descanso asegurado!

A cama dos teus soños para os soños do teu pequecho

Xa sexa unha liteira divertida ou unha cama con almacenaxe máxica, atopar a cama perfecta é o primeiro paso cara a un descanso incrible. 

Velaquí todas as camas infantís e xuvenís
Velaquí todas as camas infantís e xuvenís

Un colchón é o seu aliado invisible durante a noite

Non o ves, pero si que o sentes. Un bo colchón é a base dun sono reparador e asegura noites de descanso e mañás cheas de enerxía

Tecidos que murmuran contos ao oído

Con cada saba, funda e almofada, os nosos tecidos contan historias que che convidan ao descanso. Dende aventuras no bosque ata soños no espazo: cada noite é un novo conto por descubrir

Ambiente perfecto, descanso perfecto

Dende cortinas que bloquean a luz ata purificadores de aire que enchen o cuarto de frescura: o ambiente perfecto non é un soño distante. Crea o espazo ideal para que os teus pequechos descansen mellor que nunca!

Velaquí todas as lámpadas infantís
Velaquí todas as lámpadas infantís

A orde é o primeiro paso para soñar en grande

Con solucións de almacenaxe que inspiran, os teus pequerrechos aprenderán que manter a orde poder ser divertido. E ti gozarás dun espazo organizado onde o descanso é o protagonista.