Saltar

Como preparar o primeiro cuarto dun neno ou nena para que lles guste tanto a eles como aos pais.

Ter un cuarto propio é un paso moi importante para calquera neno ou nena, e un soño feito realidade. Un cuarto enteiro para xogar! Porén, en realidade, os nenos e nenas non xogan a soas, así que estaría ben habilitar un espazo cómodo para que os pais poidan sentar. Tamén podes engadir un carriño para transportar os xoguetes dun sitio a outro do fogar.

Cuarto infantil con nubes de cor verde pintadas na parede, un berce GULLIVER ao fondo, e unha alfombra VALLABY e moitos coches de xoguete no chan.

Puntos que debes ter en conta á hora de preparar o cuarto infantil ideal

Elabora unha listaxe con todas as cousas e actividades que hai que ter en conta. No caso dun cuarto infantil, a listaxe podería incluír os seguintes puntos:

• Durmir: baixa para ver consellos para mellorar a seguridade e a comodidade da cama, tanto polo día como pola noite.

• Almacenaxe: as solucións de almacenaxe para xoguetes deben estar feitas á medida dos nenos e nenas. Por outra banda, as solucións de almacenaxe para roupa teñen que adaptarse á medida que van medrando.

• Xogar: os nenos e nenas adoitan xogar, principalmente, no chan, polo que podes poñer os xoguetes ao seu alcance e preparar o chan para que sexa o máis cómodo posible.

• Iluminación: a luz debe ser regulable para adaptala ás distintas actividades.

• Seguridade: a seguridade é o máis importante.

Cuarto infantil con paredes de cor branca e verde, un berce GULLIVER, unha alfombra VALLABY e un elefante de peluche JÄTTESTOR no chan.

Ideas para que nenos e nenas o pasen ben de noite

Os máis pequenos deixan de ser bebés en canto retiramos o lateral do berce GULLIVER. Ter un cuarto propio é moi emocionante por moitas cousas, así que non vén mal seguir tendo a seguridade que ofrecía o berce anterior.

Con roupa de cama nova, unha almofada adicional e un peluche, a cama será o novo lugar favorito dos nenos e nenas para pasar tempo, e non só para durmir. Coloca un pequeno tallo FLISAT ao lado para poñer enriba o peluche con luz BLÅVINGAD.

Velaquí todos os berces e colchóns para berce
Primeiro plano dun berce GULLIVER coa funda nórdica e de almofada GRÖNFINK, e un tallo infantil FLISAT ao lado.
Velaquí todos os berces e colchóns para berce

Iluminación para diferentes actividades.

Nun cuarto, a luz é tan importante como os mobles. Acender ou apagar a lámpada de teito é só o principio. Ao longo do día, son moitas as actividades que se realizan no cuarto, como xogar, ler, relaxarse ou durmir, e cada unha precisa un ambiente diferente. Por iso tes que asegurarte de usar solucións de iluminación de varios tipos, dende lámpadas de teito ata lámpadas de parede ou de mesa.

A fiestra é outro punto de luz que cómpre ter en conta, xa que podes regular a intensidade aínda que non sexa posible acender ou apagar o sol. Cunhas cortinas, deixarás que entre a luz do sol. Usa cortinas semiopacas para conseguir una luz máis tenue. Para durmir pola noite ou botar unha soneca durante o día, o mellor son uns estores opacos.

Despois de xogar todo o día, chega a hora de dar as boas noites tanto aos peluches como ao dormitorio. Dende ese momento, só a lámpada ficará acesa.

Vídeo do polbo de peluche BLÅVINGAD de cor turquesa coa lámpada de noite LED acendéndose e apagándose.

A roupa vailles quedar pequena, pero o armario non

Nos anos seguintes, gran parte do que hai dentro do armario irá cambiando, pero o armario seguirá a ser o mesmo. O interior é máis doado de ir axustando en función das novas necesidades. O exterior tamén se pode personalizar con distintos tipos de tiradores, pomos e portaetiquetas.

Velaquí o sistema SMÅSTAD
Un armario SMÅSTAD branco cunha porta aberta. Dentro, pode verse roupa ordenada á perfección. Entre a parede e o armario asoma un elefante de peluche.
Velaquí o sistema SMÅSTAD

Solucións de almacenaxe moi prácticas, adaptables e tan sinxelas que ata os máis pequenos poden usalas

Os módulos de almacenaxe TROFAST son todo un clásico; de feito, algunhas destas solucións levan xa tempo entre nós. O motivo do seu éxito non é ningún misterio: é un sistema tan sinxelo que ata os máis pequenos poderán organizar as súas cousas sen problemas, e é tan versátil que nunca quererán desfacerse del.

Este módulo ten unha altura ideal para nenos e nenas, que poden utilizar a superficie de enriba para xogar. As caixas son robustas, lixeiras e doadas de sacar, o que lles permite levalas a calquera parte do cuarto. Cun pouco de sorte, pode que mesmo acaben no seu sitio cando teñan todo recollido. Como hai caixas de varias cores, será máis doado organizarse.

Por último, cando os pequerrechos medren, é posible substituír as caixas de plástico por outras de reixa se lles gustan máis. Poderás usar esas caixas de plástico para gardar outras cousas onde queiras; só terás que poñerlles as tapas e xa poderás amorealas.

Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organización infantís
Módulos de almacenaxe TROFAST con moitos xoguetes enriba e dentro de caixas de plástico de cor vermella/laranxa. Ao lado do módulo hai un mono de peluche sentado.
Velaquí todas as solucións de almacenaxe e organización infantís

As alfombras son máxicas para quen pasa a maior parte do tempo no chan

Ponte á altura dos máis pequenos… Fíxate ben no chan! Os nenos e nenas pasan nel case todo o tempo, xogando e explorando o mundo. Unha alfombra fará que o chan sexa un lugar máis cómodo, e se ten un deseño como o da alfombra VALLABY, os pequerrechos considerarán que é un obxecto máis para xogar.

O elefante de peluche JÄTTESTOR é tan mol que nenos, nenas e adultos van querer apoiarse nel para sentir máis comodidade. A imaxinación infantil non ten límites, así que asegúrate de que non lles falte de nada para estimulalos.

Velaquí todas as alfombras e cortinas infantís
Primeiro plano dunha alfombra VALLABY con varios coches de xoguete e o enorme elefante de peluche JÄTTESTOR enriba.
Velaquí todas as alfombras e cortinas infantís

Diversión en todos os recantos

Aos máis pequenos non lles gusta xogar sós, de modo que podes facer algo para que poidan levar con facilidade os seus xoguetes favoritos a outro cuarto. O carriño UPPSTÅ é ideal para pasear os peluches ou os xoguetes, e un gran apoio para os pequenos condutores. Cando chegue a hora de recoller todos os xoguetes, os nenos e nenas poderán levar todas as súas amizades de volta ao cuarto co carriño UPPSTÅ.

Velaquí a serie UPPSTÅ
Carriño UPPSTÅ cheo de peluches cunha parede verde detrás e a alfombra VALLABY embaixo.
Velaquí a serie UPPSTÅ

Solucións sinxelas para garantir en todo momento a seguridade dos máis pequenos

A seguridade é o primeiro! Fagamos todo o posible para evitar os accidentes antes de que ocorran. Algúns exemplos poderían ser evitar que os nenos e nenas introduzan obxectos nos enchufes ou que pillen os dedos coas portas. PATRULL é unha serie de produtos de seguridade intelixentes que axudan a protexer a todas as persoas, independentemente da súa idade. E si, o tope para a porta tamén se pode utilizar no cuarto dun adolescente…

Velaquí todos os produtos de seguridade para bebés e nenos
Primeiro plano dunha solución de almacenaxe de parede FLISAT ateigada de peluches como FABLER BJÖRN e DVÄRGHARE. Debaixo hai un protector de enchufe PATRULL.
Primeiro plano dun chan de madeira e unha porta amarela bloqueada na posición aberta grazas ao tope para porta PATRULL.
Velaquí todos os produtos de seguridade para bebés e nenos