Saltar

Como crear un dormitorio que lles encante a pais e bebés

Se dormes na mesma estancia que o teu bebé, darlle a súa propia cama permitirache gozar do mellor de ambos os dous mundos. Por iso, creamos esta guía para axudarche a crear un espazo compartido que satisfaga as necesidades de toda a familia. No che podemos prometer que non vaias espertar no medio da noite, mais podemos axudarche a que eses momentos sexan máis agradables e apracibles.

Un berce GULLIVER fronte ao extremo dunha cama gris, cunha cadeira de brazos de 1,5 prazas BACKSÄLEN branca detrás, preto dunha xanela.
Un berce GULLIVER fronte ao extremo dunha cama gris, cunha cadeira de brazos de 1,5 prazas BACKSÄLEN branca detrás, preto dunha xanela.

A seguridade é o primeiro!

Os pais inexpertos deben ter en conta algúns aspectos de seguridade básicos ao compartir o dormitorio. Asegúrate de que o berce estea afastado do radiador e das cousas que o bebé poida coller, e fixa os mobles. Os bebés medran rápido, así que prepárate para un futuro que chegará antes do que agardas e bótalle unha ollada á guía de seguridade infantil para obter máis información.

Un berce GULLIVER branco pegado a unha parede en gris claro xunto ao extremo dunha cama. Hai unha cadeira de brazos de 1,5 prazas BACKSÄLEN detrás, xunto a unha xanela.

Un berce cómodo e sinxelo

Coloca o berce do teu bebé preto da túa cama para poder botarlle un ollo sen ter que erguerte. A posición de seguridade do berce é pegado á parede, lonxe dunha xanela con cortinas ou estores e sen enchufes ou radiadores preto. As suaves sabas do berce, feitas de algodón 100%, son todo o que precisa para durmir con total comodidade.

Velaquí todos os berces e colchóns para berce
Un berce GULLIVER branco a carón dunha parede de cor gris clara cunha saba baixeira axustable LENAST no colchón. Hai unha lámpada de parede NYMÅNE enriba.
Un bebé nun berce GULLIVER sobre un colchón cuberto cunha saba baixeira axustable LENAST. Pódese ver o pé dun adulto no chan a carón do berce.
Velaquí todos os berces e colchóns para berce

Falemos do sono

E de como durmir un pouco máis se non che toca a quenda de noite. Proba cun colchón de resortes ensacados con zonas de confort ou con escuma viscoelástica para minimizar as oscilacións molestas. Personalizar a túa roupa de cama con edredóns independentes e diferentes almofadas que se adapten ás distintas formas de durmir tamén che axudará a durmir un pouco máis neses primeiros meses.

Velaquí todos os colchóns
Unha estrutura de cama tapizada GLADSTAD en gris claro nun dormitorio gris cun colchón de resortes ensacados VALEVÅG sen vestir e unha almofada.
Velaquí todos os colchóns

Purificar o aire

Mentres dormes, este discreto purificador de aire pode mellorar en gran medida o aire ao filtrar o po e o pole. Quizais o seu suave zunido axude ao teu bebé a quedar durmido, mais, se a ti non che acontece o mesmo, podes poñelo no modo supersilencioso cando chegue o momento de meterte na cama. Son todo vantaxes!

Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire
Un purificador de aire UPPÅTVIND branco sobre un chan de madeira clara dentro dun dormitorio gris cun cabalo de madeira e un banco nun lado.
Velaquí todos os accesorios e purificadores de aire

Un recuncho para momentos de paz

Crea unha zona especial para dar o leite, botar unha soneca ou relaxarte co teu bebé. Os dous podedes acomodarvos facilmente nesta ampla cadeira de brazos: só tes que engadir un sistema de almacenaxe intelixente para ter todo o que precisas á man. Un consello para unha maior comodidade? Consigue unha almofada de lactancia para apoiar o corpo do teu bebé e reforzar a sensación de calidez e seguridade.

Velaquí todos os cambiadores, bañeiras e ouriñais
Unha muller sentada nunha cadeira de brazos de 1,5 prazas BACKSÄLEN branca cun bebé nos brazos e unha manta LEN no asento que hai ao seu carón.
Velaquí todos os cambiadores, bañeiras e ouriñais

Enche as túas actividades de luz e estilo

Combinar diferentes solucións de iluminación proporcionará profundidade e ambiente ao espazo, e poderás dirixir a luz exactamente a onde queiras. Permíteche personalizar a iluminación segundo o estado de ánimo ou a actividade. Proba cunha pequena lámpada regulable a carón do cambiador para manter o ambiente de descanso ao cambiarlle o cueiro pola noite e que vos resulte máis doado adormecer despois.

Velaquí todas as lámpadas
Unha cama GLADSTAD con roupa de cama NYPONLUGGMAL de cor natural cunha lámpada de parede NYMÅNE branca enriba do cabeceiro.
Unha lámpada de parede FUBBLA branca coa luz acesa enriba dun cambiador GULLIVER e cunha solución de almacenaxe colgante LEN ao seu carón.
Velaquí todas as lámpadas

Fai sitio para ti

Este dormitorio é tanto para ti como para o teu bebé, así que asegúrate de crear un espazo inspirador e tranquilo para pasar tempo a soas. Transforma a cama con coxíns de cores suaves e tecidos agradables ao tacto en tons neutros. En combinación co apracible gris, axudaranche a crear un ambiente tranquilo que quizais vos conquiste a todos.

Velaquí toda a roupa de cama
Unha cama tapizada GLADSTAD en gris claro cuberta con roupa de cama NYPONLUGGMAL xunto a unha mesa de noite KNARREVIK de cor azul claro.
Velaquí toda a roupa de cama

Máis ideas inspiradoras para tirarlle o máximo partido ao teu dormitorio