Chegou o bebé!

- Páxina de información do produto
Parabéns pola chegada do novo membro á familia!
Ao principio, un bebé precisa sobre todo afecto e tenrura, e para iso os pais son fundamentais, pero pronto terás que prestarlles atención a outros aspectos que poden axudar a facer as cousas máis sinxelas, agradables e seguras. Todos os nosos produtos fabrícanse e desenvólvense tendo en conta as necesidades e a seguranza dos nenos. IKEA colabora con algúns dos mellores expertos internacionais na infancia, realiza análises de risco estritas e cumpre cos requisitos de seguranza máis rigorosos para que sintas seguridade e poidas centrar a túa atención no bebé.
A importancia do sono
Durante os primeiros meses da súa vida, o bebé dorme a maior parte do tempo, unhas 20 horas ao día. Durmir é preciso para a recuperación do bebé e para o desenvolvemento do sistema inmunitario, da mente e da musculatura, especialmente durante o seu primeiro ano, que é cando experimenta un desenvolvemento espectacular. Por iso, é importante crear boas condicións de descanso, co dormitorio ás escuras e cunha temperatura de 18 °C como máximo.
Podes elixir diferentes xeitos de durmir co teu bebé, pero se decides que durma no seu berce, estes son os aspectos que debes considerar para que o faga de forma segura:

- Páxina de información do produto
Berce
É o sitio máis seguro onde pode durmir un bebé. Os barrotes evitan as caídas e axudan a crear un ambiente ventilado.
Puxemos a proba os nosos berces ao lanzar 10 kg sobre a base ata 1000 veces, e comprobamos que os barrotes estivesen fixados de xeito seguro e que non puidesen soltarse para que non se creen ocos perigosos, onde a cabeza do bebé ou outras partes do corpo poidan quedar bloqueadas.
Por suposto, os materiais e as pinturas que utilizamos nas camas non son tóxicos, porque sabemos que os pequerrechos adoitan probar e morder todo o que pillan.

- Páxina de información do produto
Colchón
Durante os primeiros meses, un bebé non pode erguerse nin moverse se se bloquea a súa respiración; por iso, todos os nosos colchóns de berce cumpren as normas de seguranza relevantes, e realizamos probas para garantir que a cabeza do bebé non se afunda en exceso.
O colchón elixido debe ter a medida axeitada para o berce para evitar ocos onde poida quedar atrapado.
Podes elixir entre varios grosores coa seguranza de que todos teñen boa ventilación, e a maioría teñen fundas que se poden quitar e lavar, ademais de cremalleiras de seguridade para que os pequechos non poidan abrilas e levar o contido á boca.

- Páxina de información do produto
Roupa de cama
O primeiro ano, é máis seguro que o bebé durma sen almofada, edredón nin xoguetes no berce para evitar o risco de que lle cubran o rostro. Usa sabas axustables e sacos de durmir que proporcionen unha temperatura estable.
Cando cumpre un ano, o bebé xa pode utilizar edredón e almofadas suaves. Todos os nosos tecidos pasan probas para comprobar que non inclúan produtos nin substancias químicas que danen a pel do bebé, como ftalatos ou pirorretardantes.
Ademais, todo o algodón dos nosos produtos procede de recursos sostibles.
Ter todo á man...
Un dormitorio de bebé ben organizado, onde é fácil ter todo á man, non só facilita a vida dos pais, senón que tamén promove o desenvolvemento saudable do neno. Isto é esencial para construír unha sensación de seguranza e confianza na relación entre pais e fillos. Ademais, reduce o riso de accidentes e crea un ambiente seguro para que o bebé explore. Co fin de conseguilo, dámosche consellos para elixir a túa mesa para cambiar o bebé, a túa cómoda e o teu armario.

- Páxina de información do produto
Mesa para cambiar o bebé
Unha boa mesa para cambiar o bebé non só é o lugar designado para cambiar os cueiros; tamén promove a accesibilidade a diferentes elementos que axilizarán as tarefas diarias.
As nosas mesas para cambiar o bebé sempre contan con almacenaxe incorporada para manter elementos esenciais, como cueiros, toalliñas ou cremas, á man. Ademais, sempre damos prioridade á seguranza no deseño dos nosos mobles de bebé; por iso, contan con bordos elevados para que a mesa para cambiar o bebé, sexa de escuma ou inchable, non poida moverse.

- Páxina de información do produto
Cómoda
A incorporación dunha cómoda ao dormitorio do teu bebé pode ofrecer numerosas vantaxes:
Achega almacenaxe eficiente para roupa, cueiros, xoguetes e outros artigos esenciais do bebé. Ademais, organizar a roupiña do teu pequerrecho en compartimentos accesibles fomenta a independencia a medida que medra.
Así mesmo, as nosas cómodas infantís promoven a seguranza porque teñen que estar ancoradas á parede e contar con bordos redondeados para así garantir un espazo seguro para o bebé.

- Páxina de información do produto
Armario
E se precisas máis almacenaxe, sempre é boa idea incluír un armario no dormitorio do teu bebé. Non só é perfecto para gardar a roupiña, senón que tamén permite agochar obxectos máis grandes para que o cuarto poida ter un aspecto máis ordenado visualmente.
Se o armario ten andeis axustables ou módulos, como a nosa serie SMÅSTAD, adaptarase ás diferentes necesidades do teu pequerrecho. Ademais de poder personalizalo para crear unha atmosfera encantadora.
Hixiene para o teu bebé
A hixiene é unha parte fundamental no día a día dun bebé. Ten unha pel fina e fráxil que hai que coidar e manter libre de irritacións e ronchas. O momento do cambio de cueiro ou do baño.
A mellor axuda que podes ter para cambiar o cueiro e asear rápido o teu bebé é a mesa, coa que poderás completar todas estas rutinas a unha altura cómoda. Tenta telo todo á man, xa que as mesas para cambiar o bebé de IKEA contan cunha parte de almacenaxe que serve para gardar cueiros, cremas, toalliñas e outros accesorios.
Para o momento do baño, utiliza bañeiras adaptadas a bebés, de pequeno tamaño e cos bordos redondeados, onde poida divertirse ao tempo que descobre a auga. Ao saír, abrígao con toallas suaves e albornoces con carapucha.

- Páxina de información do produto
É a hora de comer
Antes do que imaxinas, o bebé comezará a comer de todo. Tamén empezará a familiarizarse cos alimentos, os seus sabores, os seus olores e as súas texturas. Por iso, realizamos probas de seguranza, e os produtos para os pequerrechos non levan bisfenol A, nin ftalatos nin outros produtos químicos nocivos.
Cando o teu pequerrecho poida sentar, será bo momento para utilizar unha trona; iso si, cun coxín de soporte ao principio. Ao sentar co resto da familia na mesa de comedor, desenvolve un sentido de pertenza e aprende a asociar os alimentos con momentos positivos que inclúen compartir e coidar uns doutros.

- Páxina de información do produto
O xogo para aprender crecendo
Xogar é a actividade preferida dos pequerrechos. O mellor xeito de aprender e desenvolverse ao tempo que o pasan ben. Nos primeiros seis meses de vida, xogar implica explorar os arredores e desenvolver os sentidos. Os nosos xoguetes deseñáronse para estimular os pequerrechos e coidar a súa saúde, e superaron probas para que os nenos poidan chuchalos, mordelos e utilizalos sen facerse dano.
A partir dos seis meses, o bebé está preparado para desenvolver as habilidades motoras finas e o pensamento lóxico con obxectos como os aneis amontoables ou os bloques de construción de cores MULA. Por suposto, a pintura e os vernices que utilizamos non son tóxicos, para que os bebés poidan chuchar e morder os xoguetes canto queiran.
Saúde e seguranza
En IKEA, a seguranza é a nosa prioridade. Cando se elixen os materiais e o deseño, fanse análises de riscos e cúmprese coa lexislación e os requisitos máis estritos sobre o xeito de deseñar produtos para os pequerrechos.
Pero iso non é todo. Realizamos máis probas de seguranza. Podes confiar en que a pintura dos mobles de nenos non é tóxica, en que os tecidos e plásticos non levan produtos químicos nocivos, e en que os xoguetes non teñen partes pequenas que se poidan soltar.
Os bebés son curiosos e teñen moita imaxinación, e as persoas adultas non podemos previr todos os perigos posibles cando un bebé comeza a moverse con independencia.
Moito antes de que o bebé empece a gatear e erguerse, é o momento de fixar os mobles á parede e trasladar os obxectos fráxiles e perigosos onde non os alcance. Deseñamos as series PATRULL e UNDVIKA para axudar a que o teu fogar sexa un lugar seguro, con monitores para bebé, peches de caixón, protectores de seguranza para enchufes e moitos máis produtos.