Saltar

Un refuxio feliz de estilo tradicional para toda a familia

Dámosche a benvida a un dormitorio deseñado para dous nenos e mailos seus pais. Aquí podes ver a parte do cuarto que ocupan os nenos, con mobles de estilo tradicional que abren paso a cores brillantes, motivos alegres e un toque de fantasía. Na parte de abaixo da páxina atoparás a ligazón coa parte dedicada aos pais.

Nun dormitorio, dúas camas extensibles SUNDVIK brancas pegadas ao longo dunha parede, á beira dun armario SUNDVIK branco.
Nun dormitorio, dúas camas extensibles SUNDVIK brancas pegadas ao longo dunha parede, á beira dun armario SUNDVIK branco.

Cores alegres e familiares

As camas extensibles son idénticas, pero as dúas zonas quedan delimitadas a través dos diferentes estilos das alfombras e a roupa de cama. A roupa de cama vermella e rosa comparten a mesma familia de cores para combinar á perfección e manter un ambiente calmo e coordinado. Ademais, a temática circense engade un toque alegre e divertido.

Velaquí todas as camas para nenos
Un cativo diante de dúas camas extensibles SUNDVIK con roupa de cama de cores brillantes ao longo dunha parede.
Unha cama extensible SUNDVIK, con roupa de cama BUSENKEL e dous peluches, pegada a unha parede con almacenaxe FLISAT.
Velaquí todas as camas para nenos

Deseños que medran con eles

Este armario reforza o estilo tradicional ao tempo que fornece un amplo espazo de almacenaxe. Sobre as camas, nas unidades de almacenaxe, hai xoguetes e caretas. Xunto co armario, os sistemas de almacenamento achegan unha base neutral. Os detalles como os xoguetes, os cadros na parede ou a roupa de cama completan o ambiente (e son doados de cambiar a medida que medran os nenos).

Velaquí todos os sistemas de almacenaxe e organización para nenos
Un armario SUNDVIK branco á beira dunha fiestra, unha cama extensible SUNDVIK branca e unha cadeira de brazos xiratoria IKEA PS LÖMSK.
Dúas camas extensibles SUNDVIK pegadas ao longo dunha parede con cadros e unidades de almacenaxe FLISAT.
Velaquí todos os sistemas de almacenaxe e organización para nenos

Hora de baixar as revolucións

Para crear un ambiente apracible, chega con baixar a persiana ata a metade para atenuar a luz e reproducir música suave polo altofalante para transmitir calma e seguridade. Aquí tamén se pode ver como a zona dos pais combina coas cores e o estilo tradicional da zona infantil.

Velaquí todos os mobles infantís
Dúas cadeiras infantís SUNDVIK brancas e unha cadeira de brazos xiratoria IKEA PS LÖMSK en fronte dunha mesa infantil SUNDVIK branca.
Velaquí todos os mobles infantís

Tes curiosidade por saber como é a zona dos pais deste dormitorio compartido?

Velaquí máis ideas e inspiración de cuartos infantís e para bebés