Saltar

Un pequeno dormitorio infantil que aproveita o espazo e a cor de xeito intelixente

Os mobles de tamaño infantil axudan a crear un dormitorio especial que, malia ser pequeno, permite deixar voar a imaxinación. Este dormitorio fresco, moderno e ledo dispúxose de maneira intelixente para atopar espazo para os momentos de concentración e xogo activo, o que permite conectar cos sentidos e fomenta unha sensación de calidez e seguridade.

Unha mesa extensible BUSUNGE a un lado dun dormitorio pequeno cun tallo MAMMUT amarelo ao lado e unha tenda de campaña infantil verde detrás.
Unha mesa extensible BUSUNGE a un lado dun dormitorio pequeno cun tallo MAMMUT amarelo ao lado e unha tenda de campaña infantil verde detrás.

O teu novo escritorio favorito (que tamén medra)

Este escritorio con estante e patas regulables, nunha discreta cor branca, pódese adaptar aos cambios de gustos e aos estiróns. Dálle estilo con mobles máis pequenos e accesorios; neste caso, as cores alegres proporcionan vitalidade, mentres que os tons pasteis suavizan o ambiente para facilitar os momentos creativos nos que hai que concentrarse.

Velaquí todos os escritorios infantís
Escritorio PÅHL branco/turquesa cun tallo infantil MAMMUT amarelo diante e un estante de escritorio PÅHL con caixas enriba.
Un estante de sobremesa PÅHL branco nun escritorio con caixas azuis, amarelas e rosas con xoguetes dentro. Hai unha lámpada de traballo LED KRUX ao lado.
Velaquí todos os escritorios infantís

Unha cama acolledora e chea de cor

A cama branca extensible, chea de cor, é a base perfecta para darlle un toque xovial á decoración. Os divertidos animais da roupa de cama lévanse estupendamente coas encantadoras peluches que adoitan andar por alí. Arredor da cama e na parede hai máis xoguetes, mobles ao estilo dos debuxos animados e unha lámpada para reforzar a enerxía e a ledicia do ambiente.

Velaquí todas as camas infantís
Cama extensible BUSUNGE branca vestida con roupa de cama LATTJO, cunha lámpada de parede e un xogo de dardos LUSTIGT na parede do lado.
Parte superior dunha cama extensible BUSUNGE vestida con roupa de cama LATTJO e peluches enriba, incluída a balea azul BLÅVINGAD.
Velaquí todas as camas infantís

Almacenaxe de xoguetes para conseguir espazo

As solucións de almacenaxe a diferentes alturas potencian a sensación de amplitude. Os caixóns grandes son o agocho perfecto para gardar eses xoguetes que só se sacan en momentos puntuais, mentres que os caixóns prácticos en cores divertidas permiten que os propios nenos os organicen. A parede convertida en encerado ofrece un xiro inesperado, así como infinitas posibilidades creativas.

Velaquí o sistema TROFAST
Unha nena buscando no interior dunha caixa aberta dunha das dúas combinacións de almacenaxe TROFAST con caixas colocadas contra unha parede de lousa negra.
Dúas combinacións de almacenaxe TROFAST con caixas contra unha parede negra. Hai catro solucións de almacenaxe de parede TROFAST con caixas brancas enriba.
Velaquí o sistema TROFAST

Unha grande acampada sen saír da casa

Malia o seu pequeno tamaño, hai espazo suficiente para xogar activamente e para montar un refuxio. Esta tenda de campaña de xoguete, no extremo da cama, engade un toque de cor e dálle outra dimensión ao dormitorio. Preparará o ambiente para vivir aventuras imaxinativas e daralle ao teu pequerrecho un escondedoiro para ler ou relaxarse un bocado.

Velaquí todas as tendas de campaña de xoguete
Unha tenda DVÄRGMÅS en verde intenso no extremo dunha cama branca, cun polbo de peluche na entrada e un tallo amarelo diante.
Velaquí todas as tendas de campaña de xoguete

Espazo para xogar o día enteiro

A diversión comeza na entrada. Usa este túnel de xogo para crear unha entrada alternativa e acolledora (ou un portal cara a mundos imaxinarios). É o compañeiro perfecto da tenda de campaña de xoguete: só tes que conectalos para potenciar a maxia. A cor azul incita á aventura a calquera que a use.

Velaquí todos os xoguetes para actividade física
Un túnel de xogo DVÄRGMÅS azul/verde cunha eiruga de peluche verde dentro e unha balea azul de peluche BLÅVINGAD ao final.
Velaquí todos os xoguetes para actividade física

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos