Saltar

Un dormitorio infantil compartido: múltiples mundos

Toca xogar a compartir as cousas, coidalas e divertirse, mesmo se os teus fillos non son da mesma idade, exactamente. Os heroes intelixentes deste dormitorio infantil son dous separadores de cuartos TROFAST, cada un coa súa propia cortina para gozar dunha maior privacidade. Crean dous espazos ben definidos nos que xogar en compañía e por separado de moitos xeitos distintos. Por iso, un máis un son tres, catro, cinco...
Dous separadores de cuartos TROFAST de piñeiro con tintura clara nos que hai caixas de varias cores, no medio dun dormitorio infantil.

Cando a almacenaxe TROFAST soña con ser un escritorio...

Ás veces, os soños fanse realidade. Polo menos, se colles dúas estruturas de piñeiro baixas con tintura clara e lles engades o taboleiro TROFAST coordinado. O resultado é un escritorio sinxelo para os máis pequechos, que lles proporciona un espazo particular no que estimular a súa imaxinación. Grazas a el, os seus materiais e as súas obras de arte ―sen esquecer os xoguetes― estarán recollidos e listos para colocalos en bandexas con compartimentos e caixas de fácil acceso. E, cando o escritorio se lles quede pequeno, poderán despedirse do taboleiro e deixar que a estrutura creza para gardar aínda máis cousas.

Privacidade personalizada

Por moito que sexa un dormitorio compartido, hai moito espazo para a expresión persoal. Fai que as túas pequenas superestrelas gocen dun lugar que lles permita desenvolver a súa imaxinación como nunca antes. Éncheo de cores vivas e almacenaxe divertida, como a casa de bonecas/estante FLISAT, que crearán unha atmosfera moito máis animada e axudarán a que recoller sexa máis emocionante.

Unha gorida acolledora que semella unha cama alta

Se aos teus fillos lles apaixonan as camas altas pero aínda non teñen a idade para durmir nunha, a cama reversible KURA é a solución idónea. Móntaa a unha altura baixa e, cando chegue o momento, dálle a volta para gozar dunha cama alta. Mentres tanto, pode servir para que os teus fillos desaten a súa imaxinación e, así, transformala nunha granxa, unha tenda e moito máis. Non importa a onde os leven as súas aventuras: cando chegue a hora de deitarse, o único destino posible é esta cama.
Unha cama reversible KURA nun dormitorio infantil colorido con animais de peluche; en fronte dela, hai un expositor de libros FLISAT.

Unha gorida acolledora que semella unha cama alta

Se aos teus fillos lles apaixonan as camas altas pero aínda non teñen a idade para durmir nunha, a cama reversible KURA é a solución idónea. Móntaa a unha altura baixa e, cando chegue o momento, dálle a volta para gozar dunha cama alta. Mentres tanto, pode servir para que os teus fillos desaten a súa imaxinación e, así, transformala nunha granxa, unha tenda e moito máis. Non importa a onde os leven as súas aventuras: cando chegue a hora de deitarse, o único destino posible é esta cama.

Multiplica o espazo cun separador de cuartos

O separador de cuartos TROFAST duplica o espazo dispoñible e as posibilidades de diversión neste dormitorio infantil compartido; tanto ten se os teus fillos xogan xuntos ou prefiren facelo sós. Coas súas numerosas caixas de almacenaxe, tamén axuda a que os xoguetes e accesorios de todo tipo deixen de estorbar, o que ofrece máis espazo para que a imaxinación sexa a protagonista. As caixas TROFAST están dispoñibles en acabados de reixa ou pechados por completo, así como en cores vivas e que combinan con facilidade. Mestúraos para crear o teu propio estilo.

Hej! dende o outro lado

Na outra metade do cuarto, respírase un aire distinto para vivir novas aventuras. A protagonista é a cama con almacenaxe SLÄKT, con moreas de coxíns que ofrecen comodidade e estilo, e é que crea un espazo acolledor e de privacidade que resulta ideal para o fillo maior. A almacenaxe FLISAT pode servir de axuda, xa que os ganchos e os andeis de parede son ideais para que os preadolescentes sempre teñan á man libros, cadernos, auriculares e outros obxectos indispensables cando precisan espazo para eles.

Unha zona pensada para a creatividade

Se é necesario illarse un pouco, podes afastar o escritorio do resto do dormitorio; así, terás un lugar ideal para realizar traballos manuais, desafogar por escrito e facer os deberes. Concédelles aos teus fillos espazo dabondo para que expresen a identidade que van desenvolvendo coa axuda de almacenaxe aberta, como ganchos e andeis. Deste xeito, conseguirás que as súas ideas, creacións e bagatelas ocupen o lugar que merecen. Remata a zona con almacenaxe pechada, como unha ou dúas unidades de parede TROFAST, para asegurarte de que todo o demais estea recollido.

Xuntos ou separados nun instante

Tanto se os teus fillos se divirten xuntos como se está cada un coas súas cousas, as cortinas son o elemento perfecto para delimitar o espazo. Se están abertas, quere dicir que é hora de xogar xuntos e cooperar para idear aventuras, xogos e plans; se están pechadas, é un sinal de que precisan espazo e privacidade. Grazas á almacenaxe por ambos os lados do separador de cuartos, os máis pequechos poderán acceder con facilidade aos seus xoguetes e a outros produtos indispensables, o que fará que o separador se encha de harmonía e lembranzas.