Saltar

Un cuarto infantil dous nun que se adapta a cadanseu estilo e personalidade

Transformamos un dormitorio en dous espazos independentes onde os máis pequenos poden gozar da súa privacidade e independencia mantendo a conexión entre eles. Ao dividir o cuarto con cortinas e paredes, e engadir solucións de almacenaxe intelixentes e deseños creativos para cadansúa personalidade, os teus fillos poderán gozar do mellor de ambos os mundos.

Unha estrutura de liteira TUFFING con dous estilos diferentes. A liteira de arriba está vestida de morado e rosa; a de abaixo, de azul e verde.
Unha estrutura de liteira TUFFING con dous estilos diferentes. A liteira de arriba está vestida de morado e rosa; a de abaixo, de azul e verde.

Un espazo compartido con dous estilos

Engadir un separador de ambientes e cortinas para dividir o cuarto dálles a cada un un espazo de seu no que pasar o tempo. Se creas cadansúas áreas diferenciadas, poderán poñerlle o seu selo á súa "zona" e decorala segundo os seus intereses e gustos persoais.

Vista área dun dormitorio infantil separado por un divisor de parede. Nun lado hai unha alfombra BLÅSKATA; no outro, unha alfombra BRUMMIG.

O importante son os detalles

O colchón pregable pódese usar como asento adicional ou como cama para as visitas, mentres que o armario e a cómoda proporcionan un espazo de almacenaxe adicional para os artigos persoais e a roupa. Os pósteres na parede son un xeito sinxelo de darlle un toque artístico e colorido, mentres que as lámpadas grandes e moles poñen o toque divertido.

Velaquí todos os armarios infantís
Un armario e unha cómoda GODISHUS cun espello e ilustracións en rosa intenso xunto a unha liteira TUFFING.
Un colchón SLÄKT gris pregable no chan cun coxín GURLI rosa enriba. Hai cortinas SANDSVINGEL grises penduradas a cada lado.
Velaquí todos os armarios infantís

Outro espazo para relaxarse

Para aproveitar ao máximo o espazo sobre a cama e darlle ao teu fillo outro lugar onde pasar o tempo, podes engadir decoración adhesiva ou un andel no alto da parede. Se queres potenciar o efecto tobo, engade téxtiles en negro e rosa para darlle un aire divertido que non resulte demasiado infantil. Para rematar, compleméntao con coxíns suaves e cómodos en cores que chamen a atención.

Velaquí todos os téxtiles para nenos
Detalle da liteira superior dunha estrutura de liteira TUFFING. Hai un coxín BLÅSKATA e un coxín GURLI rosa enriba do edredón BLÅSKATA.
Velaquí todos os téxtiles para nenos

Privacidade a un tirón de cortina

As cortinas son unha alternativa versátil a unha parede e crean unha zona privada para estudar, pasar tempo a soas ou vestirse xunto a un espello de corpo enteiro e unha lámpada. Cando chegue o momento de ir durmir, poden poñer os auriculares para non facer ruído e pechar as cortinas para impedir que entre luz.

Unha cadeira ÖRFJÄLL gris fronte a un escritorio LÄRANDE cun monitor de gran tamaño e unha lámpada. Hai unha cortina SANDSVINGEL pendurada preto.
Un par de auriculares de cor azul intensa nunha bandexa para accesorios LÅNESPELARE xunto a un escritorio. Á beira, hai unha lámpada de mesa negra.

Xoga coa luz e a cor

Podes xogar coa iluminación para crear un ambiente divertido e cambiar rapidamente o estado de ánimo. Con estas lámpadas colgantes con iluminación Home Smart e lámpadas de cores, os teus fillos poderán atenuar as luces ou alternar entre distintas cores segundo o que estean a facer, tanto se é escoitar música, estudar ou dedicarse en corpo e alma a unha maratón de gaming.

Imaxe en movemento dunha liteira superior na que se ve como as lámpadas VINDKAST cambian de cor de rosa a azul e de azul a verde.

Unha parede artística sen complicacións

O mellor de montar un dormitorio infantil é que podes sacar o teu lado máis divertido. Por exemplo, con esta parede con pósteres infantís pegados con fita adhesiva de cores e ganchos onde poden pendurar as súas cousas. Tanto os teus fillos como o teu peto hancho agradecer.

Velaquí todas as solucións de organización de parede infantís
Unha parede con pósteres pegados con fita adhesiva e ganchos FLISAT debaixo. Nos ganchos hai bolsos, auriculares e pezas de roupa penduradas.
Velaquí todas as solucións de organización de parede infantís

Controla a desorde

Ás veces custa atopar sitio para gardar os xoguetes pequenos, a roupa e o resto das cousas dos nenos, como as pedras que foron recollendo nas súas viaxes. As solucións de almacenaxe que aforran espazo, como estes caixóns e armarios con bandexas, caixas e accesorios, ofrécenche un xeito sinxelo de organizalo todo.

Velaquí todos os mobles para nenos
Xunto a unha parede de madeira contrachapada pintada de verde cunha cama da mesma cor hai dous andeis BERGIG con caixas, libros e un dinosauro de xoguete.
Un pequeno caixón branco aberto; no seu interior, gárdanse diferentes artigos infantís organizados por seccións. Hai animais de xoguete enriba.
Un cuarto infantil con andeis de parede con caixas transparentes cheas de xoguetes e cousas pequenas; tamén hai un andel branco e detalles verdes.
Un cuarto infantil cun armario branco con dúas portas, unha delas aberta para amosar os andeis con roupa de cores dobrada no seu interior.
Parte dunha cama con téxtiles de cor verde intensa; á beira, hai un armario branco e andeis brancos cheos de caixas de cores pastel.
Velaquí todos os mobles para nenos

Un lugar para inspirar a mocidade

Tanto se lles gusta pintar paisaxes como estudar fósiles, ou se precisan un espazo para facer os deberes, os cativos poderán concentrarse máis nos seus intereses se contan cun espazo específico para iso. Engádelle unha cadeira cómoda e un escritorio resistente con moita luz para crear un espazo creativo e agradable que fomente a concentración.

Velaquí todos os escritorios infantís
Un escritorio PÅHL cunha cadeira, orientado cara a unha ventá e cheo de adornos. Á beira do escritorio hai unha bolsa UPPSTÅ con xoguetes.
Velaquí todos os escritorios infantís

Tempo a soas e en compañía

Grazas a esta estrutura de liteira, os nenos poden pasar tempo xuntos cando queiran, pero tamén estar a soas cando precisen certa privacidade. Puxemos unha parede de madeira contrachapada xunto á cama, á que lle engadimos unha abertura na parte inferior para que sexa máis fácil acceder ao outro lado. Cada liteira está decorada con téxtiles segundo os gustos de cada neno.

Velaquí todas as liteiras
Detalle dunha estrutura de liteira TUFFING con dúas liteiras diferentes. A liteira de abaixo ten a parede aberta que dá a unha zona privada.
Velaquí todas as liteiras

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos