Saltar

Un cuarto de manualidades inspirador para nenos

Hora de pórse creativos! Este divertido cuarto infantil conta co seu propio taller de manualidades, listo para proxectos creativos de toda índole. Está moi ben organizado e conta con solucións de almacenaxe accesibles que permiten pór orde nun abrir e pechar de ollos. A zona da cama, nun recuncho especialmente tranquilo, está pensada para relaxarse e durmir.

Dúas cadeiras infantís e unha mesa infantil da serie MAMMUT de cor azul clara nun cuarto infantil colorido.
Dúas cadeiras infantís e unha mesa infantil da serie MAMMUT de cor azul clara nun cuarto infantil colorido.

Restablece a orde coas solucións de almacenaxe TROFAST

Non podemos prometer que as manualidades non traian consigo certo caos. Pero podemos axudarche a xestionalo. Por sorte, é neses intres nos que destaca o noso sistema de almacenaxe TROFAST. As bandexas e caixas de diferentes tamaños e cores divertidas axúdanche a crear unha solución vistosa onde gardar o material artístico ben organizado.

Velaquí o sistema TROFAST
Unha estrutura TROFAST lixeira de piñeiro pintada de branco con caixas en cor lila, azul clara e laranxa clara nun cuarto infantil.
Unha nena colle un xoguete da parte de enriba dunha solución de almacenaxe de parede TROFAST de piñeiro pintada de cor branca chea de caixas brancas.
Un portaobxectos con compartimentos TROFAST sobre unha mesa de cor azul clara. Nel gárdanse rotuladores MÅLA e outros materiais artísticos.
Dúas solucións de almacenaxe de parede TROFAST de piñeiro pintadas de cor branca con caixas TROFAST brancas nunha parede laranxa e branca.
Unha estrutura TROFAST de piñeiro pintada de branca con caixas de cor laranxa clara e lila cheas de material artístico e xoguetes.
Velaquí o sistema TROFAST

Mesas onde xorde a chispa creativa

A nosa adorada serie de mobles infantís MAMMUT está dispoñible en cores alegres que serven de base para crear o espazo de arte e manualidades dos teus fillos. O tamaño axeitado para nenos e as formas divertidas fomentan unha maior independencia para que poidan relaxarse e concentrarse nas actividades que teñan entre mans.

E como as manualidades non se caracterizan precisamente por ser unha actividade ordenada, non nos esquecemos do momento de recoller. Todo os produtos da serie de mobles MAMMUT teñen superficies lisas e fáciles de limpar.

Velaquí a serie MAMMUT
Unha nena sentada nunha cadeira MAMMUT debuxando sobre unha mesa infantil MAMMUT. Hai unha bandexa de materiais artísticos na mesa.
Velaquí a serie MAMMUT

Un taboleiro perforado para expoñer as súas creacións

Pon un taboleiro perforado SKÅDIS na parede e crea unha galería de arte ao instante. Personalízao con pinzas para pendurar os debuxos rematados e engade unha parede de encerado detrás para multiplicar as posibilidades creativas. Ademais, o taboleiro é tan versátil que se pode ir adaptando segundo cambias as necesidades no futuro.

Velaquí a serie SKÅDIS
Un taboleiro perforado SKÅDIS negro nunha parede negra nunha esquina dunha habitación con debuxos infantís pendurados con pinzas SKÅDIS.
Dúas pinzas SKÅDIS brancas suxeitando papeis de cores e un debuxo infantil nun taboleiro perforado SKÅDIS negro pendurado nunha parede negra.
Velaquí a serie SKÅDIS

Unha cadeira cómoda para lectores incipientes

Nunca é demasiado cedo para inculcar o hábito da lectura nos teus fillos. Só precisan unha zona de lectura acolledora cun asento cómodo e acceso sinxelo aos seus libros favoritos.

Como os nenos si que xulgan os libros pola portada, incorpora un expositor de libros FLISAT, deseñado para que se xan as portadas e lles resulte máis sinxelo escoller. Para rematar, inclúe unha peluche que poidan abrazar e lles faga compañía nos seus ratos de lectura.

Unha nena suxeitando un libro por enriba da cabeza diante dun expositor de libros FLISAT, diante dunha cadeira de brazos POÄNG en cor beixe clara.

Cama e cortinas para crear o refuxio de descanso definitivo

Unha zona para durmir ordenada e tranquila é o antídoto perfecto para un atarefado día de manualidades. Rodea a cama de cores e materiais cálidos e suaves, como a madeira de piñeiro, e inclúe moitos téxtiles suaves para que ao teu fillo lle custe menos pasar ao modo de descanso. Coa cortina pechada, convértese nun espazo sen distraccións onde o único propósito é durmir.

Velaquí todas as camas infantís
Unha casa de bonecas e estante FLISAT nunha parede de madeira xunto a unha cama. Nela gárdanse libros, unha caixa e un monicreque de curuxa branco de peluche SKOGSDUVA.
Unha cama SNIGLAR con pasamáns nun recuncho cunha cortina. Está vestida con roupa de cama BARNDRÖM e hai unha lámpada de parede LED FUBBLA enriba.
Velaquí todas as camas infantís

Da creatividade ao relax en poucos pasos

Esta habitación infantil de manualidades, con solucións de almacenaxe coidadosamente pensadas e mobles idóneos para os nenos, fornece o mellor de ambos mundos: unha zona para o teu fillo se poña creativo e outra para relaxarse e descansar.

As solucións de almacenaxe de cores fan que ordenar sexa máis sinxelo e, esperamos, divertido. Cando chega a hora de ir a cama, hai un espazo apracible e despexado para que desconecte e se relaxe.

Unha mesa infantil e dúas cadeiras MAMMUT de cor azul clara nun cuarto infantil colorido cunha alfombra BARNDRÖM rosa debaixo.

Velaquí moitas máis ideas inspiradoras para cuartos de bebés e nenos