Saltar

Compartir un piso pequeno

Compartir vivenda ten o seu aquel, pero cun pouco de creatividade, códigos de cor, funcións extensibles e outras solucións intelixentes, un cuarto pode ser abondo para tres ou para máis se vén alguén pasar a noite.

Cuarto luminoso con dúas mulleres colgando un cadro e un home nunha das tres camas, lámpadas de teito brancas e unha alfombra no chan.
Cuarto luminoso con dúas mulleres colgando un cadro e un home nunha das tres camas, lámpadas de teito brancas e unha alfombra no chan.

Duplica o espazo para camas

Está ben ter amigos a durmir de cando en vez, mesmo se tes pouco espazo. Con camas amontoables é fácil dobrar o espazo para durmir e ser un bo anfitrión.

Velaquí todas as camas
Muller sentada en dúas camas amontoables UTÅKER de piñeiro lendo unha revista, cunha mesa de noite branca, unha alfombra multicolor e unha lámpada de teito.
Velaquí todas as camas

Coidar a orde é coidar os amigos

A almacenaxe práctica para todo adoita ser unha boa receita para levarse ben, mesmo no recibidor. Un estante para os zapatos evita que estean ciscados polo chan e con ganchos e cestas podedes ter as cousas en orde.

Velaquí todos os estantes
Recibidor con tres caixas de madeira pintadas en diferentes cores sobre unha unidade de almacenaxe KOLBJÖRN beixe con zapatos dentro.
Velaquí todos os estantes

Cortinas para a privacidade

É agradable ter compaña, pero seguro que tamén precisas tempo para ti. Só tes que correr a cortina e xa tes todo o espazo para ti só. Tamén é unha forma de acubillarse antes da hora de durmir.

Velaquí todas as cortinas
Muller cun ordenador sobre unha cama con roupa de cama gris clara cunha cortina opaca BENGTA azul ao pé da cama.
Velaquí todas as cortinas

Unha alfombra dobremente mol

Cando vives con outras persoas ás veces o ruído pode ser un problema. Unha grande alfombra fai que acústica do cuarto sexa máis agradable e as cores, estampados e texturas danlle potencia visual.

Velaquí todas as alfombras
Alfombra multicolor BRÖNDEN baixo dous tallos de bidueiro, unha persoa de pé e outra sentada e almacenaxe detrás.
Velaquí todas as alfombras

Presentamos a caixa de noite

Se che parece que unha mesa de noite é demasiado aburrida, proba cunha caixa. Deste xeito tes un xeneroso sistema de almacenaxe ao que podes acceder facilmente e, grazas ás rodas que ten, podes poñelo xusto onde precises.

Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe
Caixa de piñeiro KNAGGLIG parcialmente pintada con rodas sobre alfombra multicolor, a carón dunha cama con roupa de cama verde onde hai un rapaz durmindo.
Velaquí todas as caixas e cestas de almacenaxe

Non hai como a almofada propia

Se falamos de durmir, a túa almofada de eficacia probada é a túa mellor amiga. Así que, se vas a algures, lévaa contigo para durmires pola noite como se estiveses na túa cama.

Velaquí todas as almofadas
Home colocando unha funda nunha almofada con protector LUDDROS, cunha planta, unha cortina e unha lámpada de teito detrás.
Velaquí todas as almofadas

Unha cor para cadaquén

Cando duplicas o espazo para durmir tamén precisas dobrar a roupa de cama. Con roupa de cama de cores diferentes para cada compañeiro será máis sinxelo evitar confusións coa coada.

Velaquí toda a roupa de cama
Un home e unha muller en dúas camas con roupa de cama BERGPALM verde e SPJUTVIAL cunha mestura de grises situadas xunto unha cortina turquesa.
Velaquí toda a roupa de cama

Un toque de cor para organizar

Un detalle pintado nos mobles de madeira sen tratar axudará a diferenciar as cousas sen necesidade de separadores. Se o aplicas sistematicamente en todo o espazo compartido, será máis sinxelo diferenciar de quen é cada cousa.

Velaquí todas as cómodas
Tres cómodas RAST de piñeiro cos caixóns de abaixo pintados en diferentes cores, ao lado, unha muller deitada nunha cama.
Velaquí todas as cómodas