Saltar

Que non che caian os mobles

A ninguén lle gustan os accidentes domésticos. Algúns mobles, como as cómodas, poden causar lesións graves e mesmo mortais aos nenos ou adultos aos que lles caian enriba. Por iso, deben asegurarse á parede. Obtén máis información sobre estes accidentes e como prevelos ao asegurar a cómoda á parede.

Por que caen os mobles?

Podes atopar algunhas causas nas imaxes que aparecen máis adiante. Lembra que os chans desnivelados ou inclinados, así como os bordos das alfombras, independentemente do seu grosor, tamén poden provocar inestabilidade e escorregamentos.

Abrir varios caixóns á vez mentres estás na busca de algo. Cando fas iso, o centro de gravidade da cómoda desprázase da base do moble e este cae cara adiante.

Usar os caixóns como escaleira para alcanzar un obxecto. Colocar un xoguete ou calquera outra distracción sobre a cómoda pode servir de aliciente aos teus fillos para escalala.

Así mesmo, se pos un obxecto pesado enriba dela, é máis probable que caia cara adiante.

Tirar dun caixón ou colgarse del para gozar.

Sentar nun caixón para xogar.

Abrir todos os caixóns á vez por curiosidade. Cando fas iso, o centro de gravidade da cómoda desprázase da base do moble e este cae cara adiante.

Apoiarse nun caixón para gañar estabilidade ou para erguerse do chan.


A ciencia da caída

Ao deseñar mobles, facemos todo o posible para que sexan o máis estables e seguros que poidamos. Pero as leis da física están por enriba de nós. Por exemplo, cando o centro de gravidade dun moble se despraza da súa base, caerá cara adiante se non está asegurado. Ou que os caixóns abertos son como pancas.

Debido á física das pancas, mesmo un peso pequeno pode desprazar o centro de gravidade en gran medida se recae nun caixón ou nunha porta abertos. Por exemplo, por moi pouco que pese un neno, se se pon de pé ou senta nos caixóns abertos dunha gran cómoda, ou mesmo se os escala, o moble podería caerlle enriba se non está asegurado.

Os nenos e as cómodas que caen

Os nenos senten curiosidade e son creativos, polo que sempre están a aprender e descubrir cousas. Por iso, os cativos de ata 7 anos son máis proclives aos accidentes. E os menores de 5 son os que máis probabilidades teñen de ferirse de gravidade. Non é de estrañar, polo tanto, que as cómodas que non están aseguradas á parede poden ser perigosas, independentemente do modelo e do tamaño. Hai moitos exemplos de nenos que abriron un ou varios caixóns dunha cómoda para introducirse neles, escalalos, colgarse ou sentar.

Os adultos e as cómodas que caen

Os adultos non estamos exentos de sufrir accidentes con cómodas. Ás veces, tamén abrimos varios caixóns de golpe. Outras, colocamos demasiadas cousas, ou obxectos moi pesados, na súa parte dianteira. Neses casos, o centro de gravidade desprázase da base do moble e cae cara adiante. O mesmo pode pasar cando nos apoiamos nun caixón para erguernos do chan.


Asegura a túa cómoda de forma sinxela e segura

Ao comprar unha cómoda de IKEA, debes seguir as instrucións de montaxe e asegurala cos accesorios que a acompañan. A instalación, que é moi sinxela, inclúe parafusos e tacos. Se queres mover a cómoda ou vas mudarte, só tes que encher os ocos de masilla.

Os parafusos e tacos que inclúe o produto de IKEA poden empregarse ata nas paredes máis sólidas e nas ocas. Nas paredes de madeira robusta, usa os parafusos, pero non os tacos. Se precisas máis parafusos ou tacos, hai varios xogos dispoñibles na colección IKEA. Se non tes claro o que necesitas, acude a profesionais.

Mira que fácil!

Queres descubrir como asegurar un moble á parede?

Bótalle unha ollada a este vídeo.

Se xa non precisas máis información e queres volver buscar a cómoda ideal para ti, preme na seguinte ligazón.