Saltar

Presentámosche o cuarto de invitados e despacho: unha historia de amor.

É unha gran historia que acaba sumándolle tamén unha sala de estar á trama. É posible encaixar tres cuartos nun? Si que o é, e a continuación, atoparás nove exemplos de como podes aproveitar ao máximo calquera espazo. Non limites os teus cuartos con nomes que os definan. Teñen moito máis que ofrecer á historia de amor do teu fogar.

Cuarto luminoso cunha mesa de comedor en primeiro plano e o diván HEMNES de fondo. Sobre o diván, hai dous marcos de fotos na parede.
Cuarto luminoso cunha mesa de comedor en primeiro plano e o diván HEMNES de fondo. Sobre o diván, hai dous marcos de fotos na parede.

Unha sala de estar que non decepciona a ninguén

Se metes un cuarto de estudo ou de invitados no teu salón, non estará todo feito un desastre ou como amontoado? Pois non. Gústanos pensar que os mobles multiúsos son intelixentes dabondo como para ocultar a súa versatilidade, polo que pasan desapercibidos ata que os precisas. Así é como un cuarto con tres usos ten este aspecto tan tranquilo e apracible a simple vista.

Sala de estar con escritorio FRYKSÅS coa parte traseira de ratán mirando ao cuarto. Hai unha muller sentada a carón do escritorio cun can na alfombra que se atopa debaixo.
Sala de estar cun sofá cama beixe convertido nunha cama dobre cunha funda nórdica e fundas de almofada KUNGSCISSUS.

1 cuarto, 2 sofás e 4 convidados

Ademais de edredóns e almofadas para todos, podes engadir estores opacos, unha mesa de noite, lámpadas de lectura e calquera outra cousa para converter a estancia nun cuarto de convidados nun chiscar de ollos. Ou deberíamos chamalo suite de convidados? Todo cabe nun solo cuarto que resulta ser unha sala de estar moi cómoda tamén.

Descubre máis información sobre como funciona este cuarto
Sala de estar en tons beixe e cor óso que da a un dormitorio que se atopa detrás con fiestras grandes e dous sofás.
Sofá cama LYCKSELE HÅVET convertido en cama dobre con roupa de cama branca e dúas librarías detrás.
Aparador/banco con rodas branco cunha maleta aberta enriba e cousas gardadas nos andeis de abaixo.
Muller sacando unha almofada e roupa de cama dunha bolsa de almacenaxe DIMPA.
Primeiro plano dun foco LED con pinza NÄVLINGE suxeito a un andel situado sobre unha cama con roupa de cama branca que serve de lámpada de lectura.
Descubre máis información sobre como funciona este cuarto

Durmir no traballo ten un significado totalmente novo

Un despacho adoita estar pechado pola noite, mentres que un cuarto de convidados está baleiro cando non tes convidados. Así que por que non combinas ambos os espazos? Con solucións de almacenaxe intelixentes, estores para non deixar pasar a luz, un sofá cama e mesas auxiliares versátiles, conseguirás que o cuarto sexa moito máis agradable, tanto para traballar como para durmir nel.

Velaquí máis deste cuarto
Cuarto cun sofá cama branco convertido en cama dobre, unha ventá detrás con estores a medio abrir e un carro/mesa LUBBAN xunto á cama.
Despacho cun sofá cama á esquerda, unha mesa de oficina á dereita, varias librarías e unha ventá de fondo.
Velaquí máis deste cuarto

Catro funcións, todo un superheroe

Ao diván HEMNES non lle gusta presumir, pero non hai outro xeito de dicilo: é un superheroe! Un cómodo diván, unha cama de convidados individual, unha cama dobre de convidados e moito espazo de almacenaxe todo en un. Polo de agora, non pode voar nin ver a través das paredes, pero estamos a traballar niso.

Velaquí todos os diváns e camas supletorias
Cuarto luminoso cunha mesa de comedor en primeiro plano e o diván HEMNES de fondo. Sobre o diván, hai dous marcos de fotos na parede.
Un diván HEMNES á dereita e un separador de ambientes GRÅFJÄLLET dividindo o espazo que hai entre a cama de convidados e o resto do cuarto.
Velaquí todos os diváns e camas supletorias

Un fogar pequeno con espazo para moitas amizades

Non é irónico que, nesa época da vida na que vives nun sitio diminuto, adoita ser cando máis amizades veñen de visita e quedan a durmir? Non hai problema. Cun sofá cama intelixente e mobles que se podan afastar a un lado, amontoar o colgar da parede, sempre hai espazo para os convidados que quedan a pasar a noite.

Velaquí máis deste cuarto
Cuarto con parede de ladrillos de cor branca e dúas ventás grandes, un sofá cama amarelo con coxíns, unha manta e unha mesa de centro en verde claro.
Vista dende arriba dun sofá cama FRIDHULT amarelo con funda nórdica e de almofada BRUNKRISSLA, un ordenador e uns auriculares ao lado.
Velaquí máis deste cuarto

A posibilidade de ter convidados dálle un toque ao cuarto

Ter dúas camas adicionais pegadas á parede permite ter espazo para sentar, pasar o tempo, estudar, lacazanear, descansar, traballar ou mesmo tomar un café. O feito de que haxa dúas camas de convidados comodísimas non é máis que un extra.

Velaquí máis deste cuarto
Cuarto con dous diváns individuais pegados á parede á esquerda con moitas almofadas de varias cores. O chan é de madeira.
Velaquí máis deste cuarto

A arte da versatilidade

Pode que "versatilidade" non sexa a primeira palabra que che veña á mente cando ves este cuarto, mais este cómodo sofá cama ofrece capacidade de almacenaxe debaixo, a lámpada de lectura fai ás veces de lámpada para a mesa de noite, unha mesa colle debaixo da outra e os estores converten esta sala de estar nun fantástico dormitorio. E si, a roupa de cama combina co sofá.

Cuarto con chan azul, alfombra gris, sofá cama SKÖNABÄCK amarelo verdello e a parede de atrás pintada en beixe e branco.
Sofá cama SKÖNABÄCK convertido en cama, dúas mesas de centro e cadros en branco e negro na parede enriba do sofá.

A idea da escuridade nunca foi tan brillante!

Os estores marcan a diferenza nos cuartos multiúsos, e practicamente calquera cuarto pode ter varios usos. A lámpada de parede está encantada de servir tamén de lámpada de lectura cando o sofá se convirte en cama, e ese mesmo sofá inclúe por suposto espazo de almacenaxe. Cos mobles axeitados, un cuarto pode ser multiúsos facilmente.

Sofá cama convertido en cama dobre nun cuarto con xanelas grandes, estores opacos baixados e unha mesa de noite xunto á cama.
Primeiro plano do coxín dun sofá cama erguido para amosar o espazo de almacenaxe con edredóns e almofadas extra debaixo.

Dormes comodamente feito un nobelo?

Os estores opacos son case máxicos. Pasan practicamente desapercibidos cando están enrolados, pero marcan a diferenza cando os baixas. Para calquera cuarto que tamén se use como cuarto de convidados ou dormitorio, os estores contribúen ao confort mentres dormes, e fano practicamente ao mesmo nivel que a cama.

Velaquí todos os estores opacos
Primeiro plano dunha ventá con marco azul e estor opaco baixado. Hai un escritorio xunto á ventá.
Velaquí todos os estores opacos