Saltar

Máximo confort para os teus convidados

Cada convidado é dun xeito, igual que os espazos onde dormen. Non importa se tes un cuarto de convidados independente ou un pequeno estudio no que case non tes espazo para ti. Poderás recibir aos convidados que queiras. Con ideas prácticas e mobles versátiles, conseguirás que os convidados que queden a durmir estean cómodos sen grandes complicacións para ti.

Diván HEMNES convertido en cama dobre con roupa de cama beixe e branca.
Diván HEMNES convertido en cama dobre con roupa de cama beixe e branca.

Confort durante todo o día e a noite

Os mobles que teñen dobre función son prácticos, pero como deberíamos chamar a un que ten catro funcións? De momento, chamámolo simplemente diván HEMNES. Este diván convértese nunha cama individual ou dobre rapidamente. As almofadas extra, as sabas e os edredóns poden gardarse debaixo, nos caixóns. Só falta recibir aos convidados.

Cuarto luminoso cunha mesa de comedor en primeiro plano e o diván HEMNES de fondo. Sobre o diván, hai dous marcos de fotos na parede.
Unha muller colocando unha saba axustable branca no colchón dun diván HEMNES aberto para usalo como cama dobre.

Non tes cuarto de convidados? Que si!

Con solucións intelixentes e un pouco de creatividade, poderás crear o cuarto de convidados ideal sen telo. O separador de ambientes GRÅFJÄLLET achega intimidade en cuestión de segundos, e o carriño FRÖSJÖN estará encantado de ter traballo extra como mesa de noite.

Sala de estar convertida en cuarto de invitados co diván HEMNES utilizado como cama dobre e o carriño FRÖSJÖN como mesa de noite.
Un separador de ambientes GRÅFJÄLLET en antracita divide o espazo que hai entre a cama de convidados e a mesa da cociña.

Como meter unha cama nun caixón pequeno

As almofadas extra e os edredóns fan que case calquera sofá, diván ou sofá cama sexa tan cómodo e brandiño como unha nube. Ao poder gardar esta roupa de cama extra nun só lugar, poderás preparar a cama aos teus convidados nun chiscar de ollos.

Velaquí todas as almofadas
Unha muller vestida de branco poñendo unha funda de almofada ÄNGSLILJA en beixe agrisado claro nunha almofada.
Primeiro plano dun dos caixóns dun diván HEMNES aberto con almofadas extra dentro.
Velaquí todas as almofadas

Confort absoluto

Preparar a cama dos convidados é o mellor xeito de facer que se sintan como na casa, independentemente de que poñer a roupa de cama sexa toda unha arte, ou de que todo estea listo nun minuto no caso de que aparezan convidados por sorpresa. En calquera caso, a roupa de cama suave, unhas almofadas cómodas ou unha manta extra fan que a cama sexa tan cómoda como semella. A manta extra tamén queda moi ben nun diván, haxa ou non convidados.

Morea de artigos téxtiles dobrados en beixe, branco e amarelo enriba dunha cadeira SKOGSBO en marrón escuro.

Unha idea brillante que pode escurecer calquera cuarto en segundos

Pode que os estores non sexan o primeiro no que pensas á hora de escoller unhas cortinas para a sala de estar ou o comedor, pero seguro que son un complemento ideal. Sobre todo, en estancias que fan ás veces de cuarto de invitados.

Velaquí todos os estores
Almorzo servido nunha mesa coa luz da mañá entrando no cuarto por dúas ventás grandes que están no fondo.
Velaquí todos os estores

Son os pequenos detalles os que fan que os teus convidados sorrían e durman ben

Un osiño de peluche, unha lámpada de lectura ou un cargador, un lugar onde poñer a roupa, as toallas ben dobradas, o contrasinal do wifi ou café acabado de facer... Só ti coñeces os pequenos detalles que máis lle han gustar ao teu convidado.

Primeiro plano dunha peluche FABLER BJÖRN apoiada nunha estrutura de cama branca.
Primeiro plano dunha cafeteira/teteira IKEA 365+ con café nunha mesa na que da a luz da mañá dende o lateral.

Necesitas unhas vacacións? Goza dunha noite na túa cama de convidados!

Deseñar unha cama de convidados cómoda é fácil, así que por que non facela tan agradable que che apeteza durmir nela? Próbaa unha noite, só por pracer, pero tamén porque así saberás o cómoda que é. Mentres estás nela, cóidate como farías cun convidado.

Primeiro plano dunha muller cun pixama de raias durmindo placidamente nun diván HEMNES.