Saltar

Ideas para dormitorios de adolescentes

Como adolescente, con frecuencia pasas moito máis tempo no teu dormitorio que as persoas adultas, xa que semella máis unha sala de estar que un espazo para durmir. Ademais, ese cuarto tamén debe albergar e expresar unha gran personalidade. A clave para que todo sexa factible son as solucións de almacenaxe flexibles, tanto altas como baixas.

Dormitorio cun diván branco, unha mesa con rodas verde, unha fiestra e varios andeis con moitas plantas no fondo.

Un éxito rotundo en funcionalidade e estilo para adolescentes

Igual que os discos da parede, este cuarto é un éxito que nunca cansa. Grazas á almacenaxe intelixente, terás espazo dabondo para expresar a túa personalidade e amosar os teus intereses. Se o cuarto está libre de desorde, será máis doado cambiar a cor e o aspecto segundo vaian evolucionando os teus gustos.

Recuncho dun dormitorio cunha cama MALM, unha alfombra VÄNDPLATS en branco e negro no chan, e varios discos de vinilo na parede por enriba da cama.

Un diván cumpre a súa función de día e de noite

Un diván é probablemente o tipo de cama máis práctico, independentemente da hora do día. Á parte da vantaxe evidente de ser ao mesmo tempo un sofá e unha cama, tamén permite dispoñer de almacenaxe ou dunha cama supletoria debaixo. Este diván VIHALS ten unha cama niño lista para despregarse sempre que precises espazo para unha visita. Garda o edredón e as almofadas adicionais na bolsa de almacenaxe DIMPA para telos á man e gardalos protexidos do po cando non os utilices.

Velaquí todos os diváns e camas supletorias
Un diván VIHALS diante dunha parede morada, roupa de cama en azul e amarelo intensos, e cadeiras pregables adicionais penduradas da parede.
Velaquí todos os diváns e camas supletorias

Como o teu mellor amigo: sempre está á altura

Cando se trata de almacenaxe flexible, optimizado e adaptable, nada supera a combinación dun armario PAX cos organizadores interiores KOMPLEMENT. Dende os andeis principais ata os detalles máis pequenos, pode facerse á medida para adaptarse a calquera necesidade de almacenaxe. Se tes curiosidade, proba o sistema de planificación en liña só por diversión. Outra vantaxe de PAX é a súa estrutura pregable, que fai que sexa moito máis doado de transportar cando te mudas.

Explorar o planificador PAX
Un armario PAX branco cunha porta aberta. Dentro, pode verse roupa ordenada á perfección. Á esquerda, hai un carriño negro.
Explorar o planificador PAX

A almacenaxe prepara o escenario para os verdadeiros protagonistas

É doado pensar que o principal obxectivo da almacenaxe é gardar cousas, o cal ten sentido. Pero a verdadeira vantaxe é que despexas todas as superficies e estantes para expoñer as cousas que realmente queres amosar. Ademais, arrodearte dos obxectos que máis che gustan enche de enerxía o cuarto (e contaxia a todas as persoas que entran nel).

Cómoda MALM en carballo claro cuns tocadiscos enriba. Na parede de enriba hai un estante KALLAX branco.

Fai do escritorio un espazo divertido

Os escritorios adoitan asociarse co traballo ou os estudos, pero poden servir para moito máis ca iso. Proxectos divertidos, pasatempos, coleccións, xogos, amizades ou calquera outra cousa á que che apeteza dedicar tempo. E non esquezas a parede que hai enriba do escritorio: seguro que lle gustaría que a apreciases por algo máis que por estar aí; así que faina partícipe da diversión que hai debaixo.

Velaquí todos os escritorios
Recuncho dun cuarto cunha parede en gris escuro, un escritorio UTVISNING negro cun ordenador enriba e unha cadeira gaming LÖPARBANA negra.
Unha cadeira de oficina en vermello brillante ao lado dun escritorio MITTPLAN, con varios estantes IVAR de madeira de piñeiro por enriba e ao lado.
Velaquí todos os escritorios

Se che gusta como queda, é arte!

Outra verdadeira obra de arte é a posibilidade de encher as paredes de cadros sen facer nin un só burato. Os ganchos autoadhesivos ALFTA permítenche expresar a túa personalidade sen necesidade de utilizar ferramentas nin deixar marcas. É unha solución intelixente para calquera, pero quizais especialmente para alguén que queira ir cambiando os cadros da parede con máis frecuencia que "os maiores".

Velaquí todos os marcos
Un recanto dun cuarto con varios marcos de cor vermella pendurados cos ganchos autoadhesivos ALFTA.
Velaquí todos os marcos

Queres seguir decorando? Bótalles unha ollada a estas caixas!

Non todos os adornos caben nun marco plano, aínda que queiras quitalos da mesa ou do peitoril. Velaquí a solución! Engade unha caixa (ou dúas, ou seis) como IVAR á parede. É a combinación perfecta de almacenaxe e exposición, lista para enchela co que queiras mostrar. Se tes unha morea de cousiñas que prefires ocultar, pero que aínda así queres ter á man, simplemente engade outra caixa dentro da caixa. 

Primeiro plano dun estante IVAR de madeira de piñeiro pendurado nunha parede ao lado dun escritorio. Os compartimentos están cheos de revistas e cámaras.
Respaldo dunha cadeira de oficina SMÖRKULL vermella situada diante dun escritorio arrodeado de estantes IVAR de madeira de piñeiro.

A maioría dos centros xuvenís teñen poucos metros cadrados

O cuarto dunha persoa adolescente adoita ser un espazo moi privado no que é imprescindible chamar á porta e preguntar amablemente antes de entrar. Ao mesmo tempo, chega cuns poucos amigos e amigas para convertelo rapidamente nun centro xuvenil. Con mobles flexibles e cadeiras supletorias amoreables ou pregables, o cuarto adaptarase a calquera circunstancia.

Imaxe tomada dende enriba dun cuarto cun diván e unha mesa con diferentes tallos e cadeiras arredor. No fondo hai unhas fiestras moi grandes.

Un cuarto tan diverso como o estado de ánimo dun adolescente

Cunha base sinxela e almacenaxe integrada, é doado adaptala a calquera novo interese ou estilo. Chega con cambiar a roupa de cama ou a cor dunha mesa auxiliar para modificar por completo o aspecto do cuarto. O único que se mantén constante é a comodidade da cama. É o centro dende onde se controla todo: un lugar no que relaxarse, estudar, charlar, socializar, merendar…e durmir!

Un diván BRIMNES gris con 2 caixóns abertos como cama dobre, coa roupa de cama SLÅNHÖSTMAL de raias brancas e negras enriba.

Buscas máis consellos para mellorar o teu cuarto?