Consigue a mellor iluminación para o dormitorio
A mellor iluminación para durmir non ten moito misterio: abonda con apagar todas as luces. Porén, nos dormitorios non só durmimos: tamén acordamos, vestímonos, relaxámonos, lemos, desconectamos... Asegúrate de planificar a luz das distintas zonas para as distintas actividades e non deixes ningún recuncho a escuras.
