Saltar

Como organizar a roupa

O sitio onde gardas a roupa necesita un cambio de imaxe? Quizais, o inverno pasado excedícheste un pouco cos xerseis e os vaqueiros, ou pode que acabes de mudarte a un novo fogar. Sexa cal sexa a razón, a roupa desordenada é un factor de estrés na túa vivenda e retarda a rutina diaria. Esta guía está chea de ideas prácticas para organizar a roupa, que che axudarán a tirarlles o máximo proveito ao espazo, os mobles e os accesorios de almacenaxe, para así poñer fin ás buscas do tesouro ao tentar atopar coa túa camiseta favorita. A túa roupa (e o chan do dormitorio) agradecerancho moito!
Unha combinación de armario PAX/TYSSEDAL branca coas portas abertas; no seu interior, pode verse roupa ordenada e dúas caixas HEMMAFIXARE nos andeis superiores.

1. Prepárate para a selección inicial

Para comezar o proceso, deberías observar o que tes e o que adoitas levar posto. Para facelo, separa a túa roupa en tres categorías: as pezas que pos, as que non e as que xa non queres. Se tes pouco espazo (e a verdade é que é frecuente que isto ocorra), garda a roupa que non esteas a poñer en caixas de almacenaxe. Doa ou vende as pezas que xa non poñas para que atopen unha nova vida noutro lugar. A continuación, céntrate na roupa que si poñas con frecuencia para que che resulte máis doado acceder a ela. Consello: Se tes roupa de tempada gardada, repara en cada peza ao sacala de onde a teñas almacenada e decide se merece a pena quedar con ela ou non.
Unha cama cuberta con roupa de cama SOLFIBBLA e unha manta HUMLEMOTT, sobre a que hai unha caixa HEMMAFIXARE con roupa dobrada.

1. Prepárate para a selección inicial

Para comezar o proceso, deberías observar o que tes e o que adoitas levar posto. Para facelo, separa a túa roupa en tres categorías: as pezas que pos, as que non e as que xa non queres. Se tes pouco espazo (e a verdade é que é frecuente que isto ocorra), garda a roupa que non esteas a poñer en caixas de almacenaxe. Doa ou vende as pezas que xa non poñas para que atopen unha nova vida noutro lugar. A continuación, céntrate na roupa que si poñas con frecuencia para que che resulte máis doado acceder a ela. Consello: Se tes roupa de tempada gardada, repara en cada peza ao sacala de onde a teñas almacenada e decide se merece a pena quedar con ela ou non.

2. Decide que vas dobrar

Cando penses en que roupa vas dobrar, repara primeiro no tipo de peza e o tecido. A regra de ouro é dobrar roupa elástica, como xerseis ou camisas de punto, xa que, ao penduralas, poden perder a súa forma. Outros bos candidatos para que os dobres son as camisetas, os chalecos, a roupa de andar pola casa, os vaqueiros e os tecidos pesados. Empilla roupa dobrada e gárdaa en caixóns. As pezas pequenas, como as camisetas, a roupa interior ou as camisas sen mangas, poden dobrarse co método peto e gardarse en posición vertical nas caixas. Deste xeito, vense con claridade e aprovéitase mellor o espazo. Ademais, así é máis sinxelo coller o que precisas sen desordenalo todo.
Dous andeis nunha combinación de armario PAX/TYSSEDAL. Nun hai unhas caixas SKUBB con roupa, e no outro, xerseis.

2. Decide que vas dobrar

Cando penses en que roupa vas dobrar, repara primeiro no tipo de peza e o tecido. A regra de ouro é dobrar roupa elástica, como xerseis ou camisas de punto, xa que, ao penduralas, poden perder a súa forma. Outros bos candidatos para que os dobres son as camisetas, os chalecos, a roupa de andar pola casa, os vaqueiros e os tecidos pesados. Empilla roupa dobrada e gárdaa en caixóns. As pezas pequenas, como as camisetas, a roupa interior ou as camisas sen mangas, poden dobrarse co método peto e gardarse en posición vertical nas caixas. Deste xeito, vense con claridade e aprovéitase mellor o espazo. Ademais, así é máis sinxelo coller o que precisas sen desordenalo todo.

3. Prepara as perchas

Pendura blusas, camisas, saias e chaquetas para que non engurren e as poidas poñer en calquera momento, sobre todo se pasar o ferro non é o que mellor se che dá. É mellor pendurar os tecidos delicados, como a seda, para que conserven a súa textura. Elixe unha barra que se axuste ao teu espazo e non a satures: certas pezas poderían quedar moi apertadas e ser difíciles de ver. Usa as perchas con forma BUMERANG, un tipo de perchas mellorado que evita que a roupa perda a súa forma. Por último, organiza a roupa por cor ou función para que poidas localizala con maior facilidade. Sobra dicir que sempre é un aliciente que as pezas da barra estean ordenadas, xa que así todo resulta máis atractivo.
Unha combinación de armario PAX/TYSSEDAL aberta cunha ringleira de camisas en perchas con forma BUMERANG, que penduran dunha barra.

3. Prepara as perchas

Pendura blusas, camisas, saias e chaquetas para que non engurren e as poidas poñer en calquera momento, sobre todo se pasar o ferro non é o que mellor se che dá. É mellor pendurar os tecidos delicados, como a seda, para que conserven a súa textura. Elixe unha barra que se axuste ao teu espazo e non a satures: certas pezas poderían quedar moi apertadas e ser difíciles de ver. Usa as perchas con forma BUMERANG, un tipo de perchas mellorado que evita que a roupa perda a súa forma. Por último, organiza a roupa por cor ou función para que poidas localizala con maior facilidade. Sobra dicir que sempre é un aliciente que as pezas da barra estean ordenadas, xa que así todo resulta máis atractivo.

4. Maximiza o espazo para pendurar vestidos

A maioría dos vestidos hai que penduralos, agás os de punto elástico. Se tes moitos vestidos longos e espazo suficiente, fai que unha sección do armario permita penduralos sen que cheguen a rozar o chan. Se non é o caso, pendura a roupa na parte superior do armario e engade caixóns ou andeis no espazo inferior. Despois, proba este sinxelo truco para os vestidos longos: pendura un vestido longo en dúas perchas colocadas unha xunto á outra na barra, unha na parte superior, e outra a media altura. Así, aforrarás espazo e evitarás ter que pasar o ferro con frecuencia.

5. Pendura os pantalóns como cómpre

O correcto adoita ser pendurar pantalóns á medida ou elaborados cun tecido delicado, como a seda ou o liño, e dobrar os que pesen máis, como os vaqueiros ou os de chándal. Ao pendurar os pantalóns á medida, evitas que se formen engurras e ter que pasarlles o ferro antes de poñelos. Para penduralos con facilidade, utiliza as perchas BUMERANG nunha barra. Se tes un armario PAX, o colgadoiro de pantalóns extraíble KOMPLEMENT permíteche ver os pantalóns con facilidade e acceder a eles sen complicacións; ademais, pode estenderse sen ter que tirar forte del.
Un colgadoiro de pantalóns extraíble KOMPLEMENT con varios pares de pantalóns que se extraeron dunha combinación de armario PAX/TYSSEDAL.

5. Pendura os pantalóns como cómpre

O correcto adoita ser pendurar pantalóns á medida ou elaborados cun tecido delicado, como a seda ou o liño, e dobrar os que pesen máis, como os vaqueiros ou os de chándal. Ao pendurar os pantalóns á medida, evitas que se formen engurras e ter que pasarlles o ferro antes de poñelos. Para penduralos con facilidade, utiliza as perchas BUMERANG nunha barra. Se tes un armario PAX, o colgadoiro de pantalóns extraíble KOMPLEMENT permíteche ver os pantalóns con facilidade e acceder a eles sen complicacións; ademais, pode estenderse sen ter que tirar forte del.

6. Combina caixas de almacenaxe para tirarlle o máximo partido ao espazo

Podes usar caixas para gardar a roupa que non adoitas poñer. Aposta por caixas de distintos tamaños para que encaixen á perfección nos recantos do cuarto; así, manterás controlada a desorde. As nosas caixas SKUBB e STUK deseñáronse para que combinen co noso mobiliario, mesmo se as colocas sobre armarios ou baixo a cama. Deste xeito, a planificación da almacenaxe é máis intuitiva, o que facilita aproveitar recantos nos que non pensaras para gardar a roupa.

7. Goza dunha organización de caixóns sinxela

Ordena a roupa por tipo para manter a orde na túa cómoda. Garda xerseis, roupa de tempada ou pezas que poñas cada certo tempo en caixóns baixos e grandes, e reserva os superiores para os complementos indispensables do día a día, como a roupa interior, os zapatos e os accesorios. As solucións pequenas de almacenaxe, como as caixas SKUBB, fan que sexa máis doado ocuparse dos artigos de menor tamaño, como a roupa interior, as camisetas de tirantes, os calcetíns e eses accesorios con formas peculiares que non tes claro onde deixar. O mellor? Abonda con que saques do caixón a caixa que che interesa; así, o resto das cousas seguirán a estar ordenadas.
Unha cómoda HAVSTA co caixón central aberto; no seu interior, pódese ver roupa dobrada en caixas SKUBB. Sobre ela, hai unha caixa SKUBB branca.

7. Goza dunha organización de caixóns sinxela

Ordena a roupa por tipo para manter a orde na túa cómoda. Garda xerseis, roupa de tempada ou pezas que poñas cada certo tempo en caixóns baixos e grandes, e reserva os superiores para os complementos indispensables do día a día, como a roupa interior, os zapatos e os accesorios. As solucións pequenas de almacenaxe, como as caixas SKUBB, fan que sexa máis doado ocuparse dos artigos de menor tamaño, como a roupa interior, as camisetas de tirantes, os calcetíns e eses accesorios con formas peculiares que non tes claro onde deixar. O mellor? Abonda con que saques do caixón a caixa que che interesa; así, o resto das cousas seguirán a estar ordenadas.

8. Presume de almacenaxe

Non ocultes o que máis che gusta! Os ganchos na parede son ideais para que todas as persoas vexan o que máis che gusta, ao mesmo tempo que contribúes a que todo estea ordenado. Pola súa parte, os andeis elevados achegan o seu gran de area ao crear un espazo para gardar obxectos que non empregas a miúdo pero que non queres esquecer.
Un vestido marrón nunha percha BUMERANG e un bolso rosa penduran dun colgadoiro LANDKRABBA con cinco ganchos na parede branca dun dormitorio.

8. Presume de almacenaxe

Non ocultes o que máis che gusta! Os ganchos na parede son ideais para que todas as persoas vexan o que máis che gusta, ao mesmo tempo que contribúes a que todo estea ordenado. Pola súa parte, os andeis elevados achegan o seu gran de area ao crear un espazo para gardar obxectos que non empregas a miúdo pero que non queres esquecer.

9. Descubre o teu axudante para as emerxencias

Son as 23:00 dun día entre semana, e todo está listo para que te deites, agás un pequeno detalle: unha morea de bogada que che dá moita preguiza poñerte a ordenar. Hora de sacar a caixa de emerxencia! Ten sempre unha ou dúas caixas baleiras á man, debaixo dun banco ou onde sexa que teñas espazo. E estas caixas KNAGGLIG pódense pintar para que combinen coa decoración do teu cuarto. Mete aí a roupa e deixa escrita unha nota mental para ocuparte dela noutro momento. Iso si: como a bogada é algo ao que terás que facerlle fronte de xeito constante, non esquezas ir baleirando a caixa para poder meter nela a seguinte morea de roupa.
Unha caixa KNAGGLIG pintada de rosa sobre un banco, chea de roupa engurrada e xunto a unha caixa SKUBB na que hai roupa dobrada.

9. Descubre o teu axudante para as emerxencias

Son as 23:00 dun día entre semana, e todo está listo para que te deites, agás un pequeno detalle: unha morea de bogada que che dá moita preguiza poñerte a ordenar. Hora de sacar a caixa de emerxencia! Ten sempre unha ou dúas caixas baleiras á man, debaixo dun banco ou onde sexa que teñas espazo. E estas caixas KNAGGLIG pódense pintar para que combinen coa decoración do teu cuarto. Mete aí a roupa e deixa escrita unha nota mental para ocuparte dela noutro momento. Iso si: como a bogada é algo ao que terás que facerlle fronte de xeito constante, non esquezas ir baleirando a caixa para poder meter nela a seguinte morea de roupa.

10. Crea unha zona de transición no teu cuarto

Estás a buscar un sitio onde pendurar a roupa que só pos para andar pola casa ou que tes que airear tras levala posta unha ou dúas veces? Pendura estas pezas nun espazo reservado para elas; así, manteralas ben recollidas e evitarás que ocupen espazo nas cadeiras ou que estean tiradas polo chan. Aquí é onde entra o módulo terminal adicional PAX para armario. Deseñouse xusto para esa roupa e inclúe unha barra, varios andeis e espazo para zapatillas e bolsos. Ademais, é o lugar ideal para deixar o teu conxunto do día seguinte.
Unha combinación de armario PAX/TYSSEDAL branca nun dormitorio cun módulo terminal do que pendura unha bata, e no que hai bolsos e accesorios.