Como manter a frescura de noite: produtos básicos para un sono de calidade
Pasas demasiada calor durmindo? Esta guía ofréceche consellos prácticos para que o teu espazo para durmir sexa 100% confortable. Descubre como actualizar un dormitorio pequeno pode marcar a diferenza na túa rutina nocturna.


Materiais empregados na nosa roupa de cama:
Algodón: material suave natural que transpira e absorbe a humidade cunha textura agradable. Ademais, vólvese máis suave con cada lavado.
Raión: feito con celulosa rexenerada, que adoita provir da polpa da madeira, mestura un toque de suavidade con propiedades prácticas de absorción da humidade para que a roupa de cama sexa funcional e agradable.
Viscosa: fiada con fibras de celulosa, achega unha agradable textura sedosa que, combinada cunha excelente absorción da humidade, mantén a túa cama fresca. Desexarás que chegue a hora de meterte na cama.
Lyocell: feito con polpa de madeira, destaca por manter o corpo fresco e seco, cun lixeiro toque de suavidade para durmires placidamente pola noite.