Como gozar da mellor temperatura durmindo
Demasiada calor? Demasiado frío? Atopar a temperatura axeitada para durmir pode ser difícil, pero non temas. Estes sinxelos consellos axúdante a regular a temperatura do cuarto para poder descansares placidamente. Cambia as noites en vela por doces soños.


Ter unha temperatura estable no teu dormitorio é importante para gozares dun descanso de calidade. As variacións da temperatura ambiente durante a noite poden alterar o teu ritmo de sono e dificultar que durmas profundamente. Unha temperatura constante favorece o proceso de sono natural do teu organismo e un descanso máis relaxado.

- Páxina de información do produto
Unha capa personalizada que se adapta á túa forma de durmir
Un sobrecolchón é un xeito eficaz de regular a temperatura á hora de durmir. Engadir unha capa extra á túa cama pode mellorar o confort térmico do teu colchón, tanto mantendo a calor para os máis friorentos como permitindo a transpirabilidade de que adoita pasar calor. Ao poder regular con máis precisión a contorna para durmir, podes acadar un descanso máis pracenteiro e ininterrompido durante toda a noite.